martes, 22 de junio de 2010

O 22 DE XUÑO

Rematou o curso e pasaron 3 estacións... No outono fixemos un mural con árbores feitos cos nosos brazos e mans, cada un escolleu un sitio e unha árbore concreta... No mural vense as anduriñas que se van, a chuvia, as árbores caducas e as perennes e os animais que se agochan para pasar o inverno.
No inverno volvimos a facer as mesmas árbores pero con fotos retalladas... e con restos de neve porque nos facía iluxión... xa que non nevou...
Na primavera debuxamos as mesmas árbores e voltaron as anduriñas, e sairon os animais que se agocharon... e as caducas sacaron as follas de novo. O campo sacou herba e margaridas, etc...
Hoxe foi fin de curso e fixemos algo especial... un experimento que semellaba a erupción dun volcán...
Era como se correra a lava...
Usamos bicarbonato, colorante vermello e vinagre... nunha botella de plástico.
botamos vinagre varias veces porque era divertido ver subir o volcán...

Despois de rematar e recoller todo o de cada un, e da festa, tocounos ós medianos e pequenos ir a Ferrol con Sabela. E pola tarde fumos ó museo da natureza. Contamos algo do que non contaron os maiores... Teñen unha cría de lura xigante, viven nas profundidades dos mares, máis abaixo de onde van os submarinos...
Mirade que tabeirón tan raro...
Poñemos o esquelete de raposo porque hai uns días vimos un covo e as pegadas dun, en Vilarrube.
E mirade as pegadas de dinosaurios...
vimos e tocamos peles de animais, esta é dunha foca.
Despois fomos ó parque de Amboaxe.

Logo de merendar fomos ó taller de José Polo.
Mirade a praia de Valdoviño!
Foi moi garimoso con nós.
Despois xogamos no parque do Inferniño.

A EXCURSIÓN A SANTIAGO O 21 DE XUÑO


Nós fumos en bus cos de Vilarrube pero en Furelos, perto de Melide nos puxemos a camiñar por un camiño precioso... Os dos 3 autobuses. Vimos a moitos peregrinos...
Fomos todas as escolas do CRA xuntas...
Os sinais do Camiño Francés...
Nós pasando pola ponte de Furelos Nalgunhas casas había argolas para atar os cabalos...
No río, uns peregrinos lavaban roupa...
Había unha pequena fervenza...
En Furelos tamén había frechas...


Os que ían diante... Fixemos 2 kms...
Comendo en Bonaval, Santiago, os da Carreira estaban ó noso lado...

O camiño francés en Santiago.
A viera marcando o camiño, no chan...
Na praza da Quintana estaba a cola para entrar pola Porta Santa...
Había un pintor e botámoslle moedas...
Cando chegamos á praza de Praterías xa estaban alí algunhas escolas...
David ten detrás, e abaixo, a figura do rei David...

Despois de estar na catedral fomos á praza do Obradoiro
Alí estaban todas as escolas...
Logo fomos ver á "estatua" e cada un fixemos fotos con ela
A nosa mascota especial (a eiruga que se transforma en avelaíña, sen casulo) tamén foi...
Vimos un can vestido de peregrino...

viernes, 18 de junio de 2010

O DÍA 17 DE XUÑO


Hoxe tivemos unha visita moi, moi, moi especial: veu Marta, a nena de Eva... nola trouxo o pai da nena... Nós tíñamoslle un agasallo gardado desde hai meses, para cando viñera...
É unha nena preciosa e moi sorrinte... Encantounos vela.
Pero Eva tamén nos deu unha sorpresa: fíxonos 2 queiques e trouxo kinders, cominos niso 2 días... Graciñas Eva...
Pola tarde fomos de excursión... primeiro estivemos no encoro das Forcadas...
Logo estivemos na capela da Fame, que xa ten máis de 4 séculos, 4 de cen, pese a estar recebada... E chámase así porque os peregrinos soían parar eiquí para comer.. Fora e dentro ten gravuradas cruces de S. Xoán porque os cabaleiros da orde de S. Xoán eran os que protexían o camiño de peregrinación de Santo André, por iso as hai tamén na eirexa do Bon Xesús de Meirás e de Santa Margarida do Val, que son da mesma época...
Ten un retablo moi curioso, da mesma época que o edificio, é de granito pintado, dise policromado... ten un sol e unha lúa e os dos medallóns con cara a xente di que representan a fame e a preguiza...
José, de Liñeiro, abreunos a capela
Despois ensinounos o pazo de Liñeiro, onde vive el e díxonos que tiña máis de 5 centos anos... e que os escudos que tiña leváronos ó pazo de Vilarrube.
A fonte do pazo grande de Liñeiro...
Logo pasamos pola escola de Vilarrube para ir...
ó paseo dos namorados...

que ten unhas vistas moi, moi bonitas á praia de Vilarrube... á esquerda está Pantín e á dereita Cedeira.
Nese paseo, Cris, a nai de Alba, ensinounos un covo de raposo e as pegadas...