sábado, 3 de diciembre de 2011

ESCOLA DE LAGO- DECEMBRO 2011

O xoves día 1, Mónica tróuxonos a ensinar unha colcha feita de liño e lá. O liño fora cultivado e fiado na casa da súa nai, Elvira, e dos seus avós e a lá que fiaron era das ovellas que eles criaron. Despois o fío do liño e lá leváronllos a unha tecedeira que lles fixo esta preciosa colcha. Nós pronto temos que empezar a facer o fío de liño que cultivamos o curso pasado!!! Elvira ensinaranos, pero temos que atopar as ferramentas para facelo como se facía antes!
O día 9 fomos de excursión a Ferrol. Estivemos no Museo Naval.

No Mercado Central
No parque infantil do Cantón.
No Centro cultural da Caixa Galicia
En Correos
Exemplos de tarxetas e sobres que mandamos por correo postal. Por unha das caras da tarxeta todos quixemos poñer: "Apalpador ven á miña casa polo Nadal!" e no sobre todos puxemos un selo especial noso do Apalpador!
O día 12 Sabela rematou a súa boneca
O grupo dos maiores fixo polvoróns con Patricia

e os pequenos sementaron cebolas con Ana.
Como nos entraron ratos e estragaron moitas cousas, tiveron que vir do concello a protexer a porta para que non entren... Graciñas Vicente!!!
O día 15 foi unha xornada en defensa da escola Pública. O día 15 tivemos unha moi grande sorpresa, o Apalpador e os trasnos visitáronnos, acompañados de gaiteiros. (fotos de Mariluz)
Nunca nos imaxinamos que poidera vir...
Cantámoslle 3 das cantigas que cantan as familias a Noite do Apalpador para lembrar que temos que irmonos para a cama cedo... pero tamén bailamos con eles...!!!
O Apalpador apalpounos a barriguiña e deunos uns froitos secos como adianto ó que pasará na casa.
Foto que baixamos da web de Artabria e alí podedes ver un vídeo con algo da visita a Vilarrube e Lago
O venres 16 empezamos a enviar por correo-e a tarxeta que fixemos entre todos no ordenador: na estrela da dereita imos cambiando a dedicatoria e mandámoslla a moitísimos grupos de xente... Todo iso leva moitos días porque tamén hai que facer outras cousas...
O 18 participamos no Festival da AVV de Meirás. Fotos de Alfonso Graña.
Fotos de Andrés Santiago que foi a pola cámara a casa...!
O día 19 foi o noso décimo programa de "Dalle que dalle nas ondas" e foron de invitados os da escola de Vilaboa. Ese día volveunos a sorprender o Apalpador chamándonos á radio, como o ano pasado. Falou cos de Vilaboa e con nós!!! Pedímoslle que nos traia peóns ademais dos froitos secos. El dixo que sí.
Os centros de Nadal con
anxos, Baltasar
e o Apalpador
O Día 20 cantámoslle ó Olentzero vasco, gardara as sorpresas no forno... e deunos que buscar!
Tróuxonos gorros de pasteleiros... para cando fagamos cociña!


Despois chegou Papá Noel tocando unha campá, todos quedamos sorprendidos pero Alba xa decía que ía vir ... e veu. Tróuxonos mandiles para o obradoiro de cociña. Cos gorros xa traxe ó completo.
Cada un pediulle o que desexaba que lle trouxera... Pero avisou que el ten repartir e que non pode dar moito a cada un...!
e foise para seguir coas visitas...
O día 21 a primeira hora viñeron do concello a podar as tuias... Graciñas! Temos a medio preparar a reixa do compost e agora xa a poderemos colocar ben.
O 21 cantámoslle ó Tió Catalán e botounos polvoróns que comimos encantados.
Estaban boísimos! Estas son algunhas das tarxetas que fixeron para felicitarse o Nadal entre eles. Cada un lla fixo a un ou 2 dos demais e todos recibiron algunha.
Cada neno-a fixo unha tarxeta a 2 caras no ordenador para completala unha vez impresa. Este é o exemplo de Mateo, de 5 anos. Esta é a parte exterior, dobrada a árbore queda diante e a parte da esquerda, detrás. Esta é a parte de dentro: O día 23, pola tarde, fixemos o festival para que poideran vir todas as familias... Momentos collidos por Sonia:
Momentos collidos por Mónica:
Momentos collidos por varios...
Despois representamos a "Noite do Apalpador"
Finalmente a festa, cos doces do Tió, bolechas de Apalpador, de Patricia, e queique que nos fixo o pai de Miguel e Sabela.

martes, 29 de noviembre de 2011

¡CONCERTO DE MAMÁ CABRA!
O pasado venres, fumos de concerto!! Non foi un concerto calquera, senon que era de Mamá Cabra!!
Pasámolo en grande, quedáronnos moitas ganas de repetir, aquí deixamos algunhas fotos que o confirman.

Éstes eran os membros de Mamá Cabra!!





Primeiro comezamos a escoitalo sentados......




.....pero axiña nos entraron as ganas de bailar!!!!





PASÁMOLO MOI BEN!!!