jueves, 20 de enero de 2011

XOGO DA SEMANA-O ESPANTALLO

Co xogo do espantallo comezamos a publicar semanalmente o xogo que máis lles gusta aos nenos/as do CRA.

Para a realización deste xogo necesítase como material dous churros, mentres que o desenrolo do xogo é o seguinte. Un neno/a levará un churro en cada man e terá que intentar pillar aos demais nenos/as que escaparán. Se o/a que pilla toca a alguén co churro, este/a ten que permancer quieto e coas pernas abertas para que outro neno/a que non esté pillado poida pasarlle por entre as mesmas e así liberalo. O xogo remata cando todos os nenos/as están pillados.

miércoles, 19 de enero de 2011

GÚSTANOS MOITO XOGAR

Para rematar o primeiro trimestre, na área de Educación Física traballamos distintos xogos como xogos sen material, xogos con pelota, con cordas, e churros, con aros e tamén con conos.

Nas dúas fotografías vemos os nenos/as da Carreira xogando a distintos xogos.

lunes, 17 de enero de 2011

LAGO, XANEIRO 2011


O día 10 empezaron as clases de novo pero faltaron algúns varios días porque estiveron enfermos.
O venres desa semá aínda faltaba Antía e varios saíron un rato á cita do médico... Pero aínda tivemos ánimo para facer, ó final, unha orquestra con Roberto!!! E gustounos moito. Eu estiven griposa esta fin de semán e hoxe, día 17, falta Alba. Sara
Fomos rematando de poñer as etiquetas cos nomes nos murais das follas que recollimos no outono. Sara
Clasificámolas en 2 murais según foran de árbores caducas ou perennes. Sara
Tiveron que vir amañar unha cisterna porque botaba auga sen parar. Veu facelo Alfonso, do Concello. Sara
Mandáronnos 1 pizarra dixital pero aínda non a estreamos e estamos desexándoo!!!! Faltannos conexións e orientacións para empezar... Alba
Nas escolas celébrase o día da PAZ o día 30 e fomos facendo antes moitas cousas, aprendimos varias cantigas e xogos solidarios, etc. Fixeron esta folla cada unha de 3 anos. Tocou de poñer a de Yasmín esta vez. Alba
E esta cada un de 4 anos. O día 26 xa a levaron a casa todos pero eu estiven enferma 15 días e aínda non a fixen. Alba
E esta as de 5 anos pero, como dixen, aínda non o fixen. Vemos que todas teñen a palabra Paz en Braille e en linguaxe de signos. Alba
Retomamos o Braille de novo (código de escritura para ler e escribir cando non se ve), Mariluz tamén nos axuda iniciando ás pequeniñas. Alba


O luns día 24 fixemos galletas con formas que se relacionan coa Paz. Patricia, a nai de Candela, deunos a receita e veunos axudar.
Usamos: 250 gramos de manteiga, medio quilo de fariña, 150 gramos de zucre moreno e 1 ovo. Primeiro puxemos a manteiga enriba do radiador para que se ablandara, batimos o ovo, e logo botamos a manteiga e revolvimos. Era divertido pero movíasenos o prato... Sara Despois botamos o zucre e revolvimos e logo a fariña e amasamos. Despois de estar ben amasado todo fixemos bolas grandiñas e as metimos no frigo máis dun cuarto de hora porque dixo Patricia que así a masa se podía estirar millor.
Patricia díranos enseguida un truco para que o prato non se nos movera: poñer unha toalla ou un pano debaixo... E tiña razón, logo non se nos movía. E fixemos todo moito máis doado!! Sara
Fixemos varias fornadas na escola... e tivo mesmo que levar Patricia a casa para facer as últimas... Todas estas cousas levan o seu tempo!!! Sara
Gardáronas cada un na súa bolsiña. O 26 probáronas, leváronas para casa e gardaron para min que seguía enferma. Graciñas!!! Deixaron algunhas para comer ó día seguinte na escola e para invitar a Mariluz. Na foto, Sara ten tamén a miña bolsiña e levouma a casa. Eu probeinas ese día pero comer, cominas o domingo, día da Paz. Estaban riquísimas!!! Alba
As de casa son para comer o día da Paz pero... haber se logramos esperar...!!!
O 27 rematamos o noso mural da PAZ. E Alba sigue enferma. Fixémolo entre os de 4 e 5 anos e as de 3 anos axudaron a repasar algunhas letras cos rotuladores. Xeila
Tamén reflexionamos e escribimos moito sobre a Paz. Se todos a queremos lograrémola!!! Xeila
A Paz no CRA, e Alba tampouco poido vir!! O día 28 celebramos o día escolar da Paz en Valdoviño, primeiro contáronnos un conto sobre os números e logo fomos pasando por 4 obradoiros e ó final cantamos en 2 rodas a cantiga que nos ensinou Roberto "Opa itaitai é". Ás 12 tamén comimos a Parva...
Saudamos especialmente a Elisa e ós nosos amigos de Vilaboa que vemos eiquí. Faltou Martín. Con eles mantemos correspondencia escolar desde hai varios cursos.
Alí fixemos un mural con bandeiras entre todos, todos, de todas as escolas do CRA Esquío, pero non nos deu tempo a falar e reflexionar sobre o tema da frase que se escribeu, por iso Sabela o trouxo o dia 31 á nosa escola e quedámonos pasmados porque non o víramos rematado, porque nós estivemos nos primeiros grupos que o foron iniciando e seguindo... O 31 repasamos con rotuladores grosos a frase, para que se vira mellor, e di: "Non hai camiño para PAZ, a PAZ é o camiño" de M. Gandhi que soubo loitar pacificamente. Sara
Ese mesmo día levouno Mariluz para expeñolo ou que o leven a outra das escolas. Mateo
Como o día da lepra tamén foi o día 30, o 31 traballamos sobre ese tema porque este ano veu Maruxa a contarnos sobre Guinea, onde traballa nunha leprosería e fixémoslle un mural pintado con dedo e con puntos... Xeila

viernes, 7 de enero de 2011

SOMOS MOI HABILIDOSOS

Unha vez coñecidos os hábitos de hixiene, alimentación, postura e exercicio físico, os nenos/as do CRA O Esquío comezaron a traballar outro contido importante no que a Educación Física se refire como son as habilidades motrices básicas. Estas son 4, desprazamentos (correr, andar, reptar....), saltos, xiros, lanzamentos e recepcións.
Nesta fotografía vemos aos nenos/as da escola de Vilarrube traballando os desprazamentos por medio do xogo os grupos.
Nesta outra foto están os nenos/as de Taraza traballando outra habilidade como son os saltos co xogo dos nenúfares.
Traballamos os xiros de distintas formas, neste caso Raúl (Vilarrube) o fai por medio dun pinchacarneiro. Por último tamén traballamos os lanzamentos. Aquí vemos a Iago (Vilarrube) lanzando unha pelota cunha raqueta de tenis.

lunes, 3 de enero de 2011

NOVO MATERIAL DE EDUCACIÓN FÍSICA

A principios do mes de novembro, a área de Educación Física recibiu unha partida económica para a compra de novo material. Este novo material está composto por 4 churros, un bate de baseball de espuma coa súa pelota, 3 pelotas de espuma (unha grande e dúas medianas), 6 pelotas de espuma pequenas, 3 petos e unha bolsa para gardar todo. A este novo material engádeselle o que xa tíñamos o ano pasado, o cal estaba composto por un xogo de 5 cordas, conos, aros (grandes e pequenos) e 6 pelotas de espuma.

Foto do novo e antigo material.

APRENDEMOS OS DISTINTOS HÁBITOS

A principios de novembro os nenos/as do CRA estiveron a coñecer e a traballar os distintos hábitos de hixiene, alimentación, postura e exercicio físico por medio da unidade didáctica COIDAMOS O NOSO CORPO.

Na fotografía atópanse os nenos/as da escola de Vilaboa xogando á pataca envelenada.