Este curso somos dez, Sara e Alba non se foron e viñeron Gabriel e Sabela e Miguel Graña. Agora estamos Miguel de 3 anos, Candela, Gabriel, Yasmín e Antía de 4 anos, Xeila e Mateo de 5 anos e Sabela Graña, Sara e Alba de 6 anos. A nosa titora é Sabela Díaz Regueiro. Mariluz é a nosa profe de inglés, Cristina é nosa profe de música e contacontos, Xan é o noso profe de Educación Física e Óscar é o profe de relixión.
Sabela Graña

Xan é o noso novo profesor de Educación Física... Veu coñecernos o primeiro día de escola.
Sara

O primeiro día estaba unha
mantis relixiosa, parraguesa ou barbantesa na porta da escola... Estivemos observándoa e mirando como se movía e resultounos moi curioso todo. Sabela contounos cousas sobre a parraguesa e propúxonos facer un traballo sobre ela.
Sara

O día 13 xa empezou a "Contacontos". É Cristina a que nos fai de contacontos este curso. O primeiro que nos contou era dun neno que tiña ganas de facer pis. Foi moi bonito e logo fixemos ó neno cun tubo de papel hixiénico e resultou moi simpático.
Xeila

O día 15 Xan veu cedo e estivo tamén no parque con nós e despois fixemos ximnasia. Logo foise e nós clasificamos castañas por tamaños.
Mateo

O día 15 pola tarde fomos coas familias de excursión pola lagoa, vimos árbores de ribeira: ameneiros, salgueiros, budios... e collimos delas 1 folla para ir recoñecendo as que atopabamos que eran iguais.
Alba



O día 16

A volta ciclista...
O día 20 fomos vendimar



Facendo mosto




Levamos a casa os marcapáxinas

As contas das sardiñas...

O día 22 fomos á horta do bar de Freire...


Atopamos esta bolboreta e Patricia logrou facerlle esta foto...

Pola tarde en Santo André de Teixido...

A porta que vimos en Santa Margarida do Val o ano pasado parécese a esta de Santo André de Teixido...

Di a lenda que os animais que se atopan por Santo André de Teixido non se deben matar pois conducen almas que van buscando o porto do Alén para embarcar na barca de pedra e ir hacia o solpor para subir ó ceo. Nós vimos cabalos, vacas, cabuxas e moitos animaliños como estes que estaban no campo do mirador.

Cando lle celebramos o cumpre a Candela cantámoslle: Estas son las mañanitas..., cumpreanos feliz..., parabens para ti... Ela elixei quen quería que lle tivera cada unha das candieiras, fixemos o costume das orellas e os bicos, entregámoslle o caderno de debuxos que lle fixemos e ela invitounos a un moi rico queique!!!

entregando o caderno cos debuxos que lle fixemos

O 23 celebramos o cumpreanos de Candela e entregámoslle este caderno...




Recollimos castañas moitos días pero estas fotos son do día 23.

A moreira estaba secando en xuño pero a coidamos e en setembro xa parece recuperada...

Con mazás que recollimos o día fixemos o papanduxas

O día 26 fomos á radio, foi o noso 1º programa de radio deste curso pero é o 7º desde que empezamos...

Algunha das fotos coa cámara de Mónica.

Clasificando e pesando o que recollimos no parque.

O día 29 viñeron cortar a herba.

29-9-11 pola tarde: Fonte da Moura

Marco dos 3 Termos

O monte Esperón

O Trece e o Oenach

Primeiros cadros dos nenos novos...
