Para estrenar o blogue escollemos unha das experiencias que máis nos gustou facer no cole, plantamos sementes en cascas de ovos.
Para iso, trouxemos os ovos partidos á metade. Logo lavamos as cascas, secámolas e despois pintámolas cada un como máis lle gustou.
As sementes que plantamos foron lentellas, garabanzos e fabas.
Así que secaron os ovos, plantamos as sementes en algodón e tamén en terra.
E por último, despois de esperar uns días foron nacendo. As primeiras sementes que naceron foron as lentellas que plantamos en algodón.
1 comentario:
Sómolas nenas e nenos da escola de Lago... Sara
Gustounos ver o que fixéchedes...Mateo
Sodes os nosos amigos especiais... Xeila
Que pena que non fixéramos ningún encontro este curso...!!! Sabela L.R.
Publicar un comentario