O venres, día 18 de xuño fixemos o festival de fin de curso no salón de actos da AVV de Lago que tan xenerosamente sempre nos prestan. Por fin me foron pasando algunhas fotos e poido subir algo, aínda que sea eu soa... Porque quedaron moitas cousas por contar pero isto non queren que quede sen subir, claro!
Comimos todos xuntos no bar da AVV e logo fixemos o festival no que as nenas e nenos son protagonistas en todo momento, cousa que lles encanta! Aproveitamos o tema do Xacobeo para facer a primeira parte da representación. Nesta foto están todos preparados cos traxes da comparsa deste antroido. Os traxes que se fan cada ano sempre aproveitamos a usalos para facer algo a fin de curso.

O primeiro foi representar o romance, cantado, de Gaiferos.

Paula quixo facer ese rol e Laura o do troveiro de Bonaval, roles que ninguén lle los disputou, por certo. Os demais foron o coro de narradores. Anque todos a saben enteira, claro.


Todos estiveron moi ben pero cando cantaban elas soas, nos diálogos e con eses chorros de voz, naide pensaría que son nenas tímidas.

Finalmente morre, fulminado, Gaiferos, e vaia caída! mentras o coro canta o final da historia. Despois, así vestidos, cantaron "Camiña D. Sancho..." "De segar de los secanos/ya vienen los segadores..." e recitaron "Vaiamos irma, ... A las aves meu amigo" do poeta medieval Fernando de Esquío, pois parece que cantaba ás aves da lagoa de Lago.

Logo cambiaron de roupa e cantaron "O piollo e a Pulga querían casar..."


As protagonistas principais nesta historia foron as de 4 anos, facendo de piollo e pulga. Todos o fixeron moi ben e elas mantivéronse moi centradas nas súas contínuas intervencións ...


David e Andrea tiveron 2 roles, primeiro de grilo e de sapo, respectivamente e finalmente de gato e rato.

pero ó final o gato come ó rato...

e quedan sen voda... por quedar sen padriño, como pasaba na obra que fixeron os de Vilarrube, no día das Letras Galegas, porque son historias moi parecidas.

Así vestidos, logo recitaron moitas poesías de Uxío Novoneyra (cada un recitou algo individualmente e varias tamén todos xuntos) e do seu amigo Manuel María. Tamén cantaron "O cuco cuco cuqueiro"...

Finalmente viñeron todas as danzas... Unha tras doutra. E iso que por non alongar non se fan todas as que se aprenden...

A primeira foi de quentamento e logo viñeron 2 muiñeiras



A saia da Carolina...

A da bolboreta que tanto lles gusta...

A polca do oeste... E como son impares, nas de parella, tiven que poñerme eu tamén, coa miña perna dereita aínda coa ciática a voltas.

E varias valsas. Tras cada unha delas ven o troco de parella e ó pobre desparellado tócaballe conmigo...

Despois... a xogar o resto da tarde no parque. Vaia día estupendo! Ben cheo de emocións rodeados das familias.
Sabela D. R.
Sara e Sabi foron coas súas familias ó Caurel no mes de xullo e alí recitaron poesías das que aprenderan, de Uxío Novoneyra, na escola... Tamén foron ata a casa de Uxío!
No hay comentarios:
Publicar un comentario