Lago
Aínda non rematamos esta Entrada porque algunhas familias aínda non nos pasaron as fotos que fixeron...
O día 3 fixemos nós tortiñas de follado para comelas na escola e tamén unha grande para repartir e levar para casa... Sara
Estaban moi ricas!!!! Invitamos a Roberto da grande, porque deu 8 cachos... pero houbo unha confusion, Sara levou 2 e Yasmín, que foi a última en sair, quedou sen o seu... Outro día levará dobre!!! Alba
Esta vez poñemos a ficha que fixo Alba
Tamén o día 3 rematamos as cartas para os de Vilaboa. Antía
As de 3 anos tamén lles escribimos. Candela
Eu fixen 1 casa e 1 árbore. Candela
O día 10 fomos a Ferrol, fomos nun bus cos da escola da Carreira, primeiro fomos ó Parque.
Logo traballamos na Aula de ecoloxía urbana sobre os animais. Cris e Pedro foron os monitores, e logo estaban as profes das 3 aulas e Mariluz e Sita.
Despois fomos andando desde o Parque ata o Cantón. Pola praza de Amboaxe cruzámonos cos das outras escolas do CRA que foron noutro bus e fixeron as visitas xusto ó revés.
Aproveitamos a enviar felicitacións de Nadal pero aínda estamos facendo máis.
Sara e Alba tamén enviaron as de Candela e Xeila porque elas non foron á excursión.
Na sala de exposicións da Caixa Galicia vimos unha exposición de fotos antergas.
Candela foi a monitora, chámase igual que a nosa Candela da escola, que non foi ese día porque estaba enferma.
Despois tivemos un obradoiro para facer un mural. Coloreamos debuxos que nos deron.
Pegamos o noso debuxo no mural. Yasmín
Razonamos onde lle tocaba estar dentro do mural: se era da granxa, da cidade, do mar, do campo...
Así lles quedou o mural ó final e logo fóronse, colleron o bus e volveron a casa. Eu non fun. Xeila
Mateo coloreou unha ovella, Yasmín un burro, Sara unha casiña, Antía unha maciñeira e Alba un galo.
As de 3 anos foron facendo os vestidos e as bonecas de mazaroca
e leváronas a casa o día 16. Ían todas contentas.
Eu xogo moito coa miña boneca na casa. Candela (día 21)
Algúns tamén levaron os seus centros entre o día 16 e o 17, outros aínda teñen que rematalos.
O meu centro vouno poñer na mesa o día de Nadal. Candela
O día 17 fixemos mazapán e amendoados, pensábamos mandarlle algúns á escola de Vilarrube, porque nos prestaron o forno, pero aínda que sairon moi ricas, non estaban moi presentables así que lles faremos outra cousa en xaneiro...
Esta vez poñemos a ficha de Sara
O día 17 Roberto nos trouxo unha zambomba para probar a tocar con ela, agora que estamos no Nadal! E tivemos sorte porque nós temos unha pequeniña na escola e non lográbamos que tocara porque non sabíamos que había que humederlle a cana... e agora xa sabemos!!!
Fixemos o sábado un rato de ensaios con Martín, o pai de Antía, coa súa zanfona, para que nos acompañara no romance de Gaiferos e na panxoliña de "Cun sombreiro de palla..." para cantar no festival de Meirás o domingo día 19.
No festival da AVV de Meirás, o domingo 19
Fixemos 2 tarxetas entre toda a clase para enviar, sobre todo, por correo-e, cambiándolles a dedicatoria según para quen a mandáramos, estas son un exemplo:
Son recollendo os mitos do Solsticio de Inverno, cando os días empezan a crecer de novo.
Pero fixemos varias persoais, no ordenador tamén e algunhas completadas a mau.
Fixemos outras para agasallar a persoas que nos axudan: coidadoras do bus, limpadora, etc. Deste tipo.
Durante este mes fixemos figuras de pasta de sal e fariña.
Tamén fixemos coroas e centros de nadal con tapóns de botella, flocóns de maínzo e mesmo outras de botóns, e as 3 pequenas, que van facer de anxelotes no Belén vivinte fixeron unhas bolsiñas con estrela.
As maiores no centro puxeron ó Apalpador.
O luns 20 veu visitarnos O Pai Noel e tróuxonos un bizcoito en forma de árbore e unha pelotiñas para cada unha de nós, e para Mateo, claro. Graciñas!!!!
Tamén fixemos os ritos da tradición do Tió catalán e deixounos polvoróns e mantecados... e do Olentzero vasco e deixounos uns cestiños de vimes. Estes días é unha pasada de sorpresas fantásticas!
Pola tarde fomos a Ferrol, estivemos no belén de Alfredo Martín, nun concerto do conservatorio escoitamos unha peza de óboe e arpa e logo estivemos en Radio Filispín con André.
Molaba estar cos cascos!E batimos recor de invitados!!!!foto de Rosa-Sara.
Mentras estábamos na radio tivemos unha grande sorpresa: chamounos á radio o Apalpador e quedámonos mudas coa emoción!!!! Alba
fotos de Martín-Antía Moitas graciñas André!!!! Foi unha experiencia para nenas e pais...!!! Alba e máis eu fixemos unha bolsa para que o Apalpador ou Pandigueiro nos deixara os agasallos na casa a noite do Apalpador. A min non mo poido meter dentro da bolsa porque me trouxo un xogo de madeira que era moi grande e non cabía dentro. Sara
Festival do 23 en Lago. Fotos de Rosa-Sara.
fotos de Teresa-Mateo e Sonia-Antía. Como todos os anos, colaboraron exalumnos e este ano tamén nais.... Graciñas a todos!!!!
de Sonia-Antía e Lorena-Xeila ...
se Eduardo-Candela e Alberto-Yasmín
De Alberto-Yasmín
De Maribel-Laura
Este ano o boi e a mula (que se sabían moi ben os seus papeles) chegado o día non quixeron poñerse no esceario. Mateo subeu ó final e dixo algo do seu papel nese intre e Xeila aplandeu agochada... Fotos do video de Alberto.
Alba tamén fixo de María e Sara de Xośe, repetindo os momentos importantes do seus roles, fotos de vídeo de Alberto
Finalmente Hugo fixo de Xesús un ratiño, case nos esquecemos!!!
Despois das actuacións do Belén Vivinte as nais e Sabela fixeron outra na que viña o Apalpador e nos traía algo a cada un..., era como se fora de noite e estivéramos na cama, cada nai nos recitou sobre o Apalpador e logo veu el e nos apalpou as barriguiñas e deixounos uns agasallos. As fotos son do vídeo de Alberto.
A festa do 23, f. Sabela
De Sonia-Antía
De Sonia-Antía e Teresa-Mateo
O que trouxo o Apalpador foi para cada un e a algúns visitounos nas casas.
Aínda esperamos fotos de Marta a de Sabela e Dana, a ver se van chegando para pechar a Entrada de Decembro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario