lunes, 7 de febrero de 2011

VOLTAMOS AO COLE

Ao regreso das vacacións de Nadal os nenos/as do CRA na área de Educación Física volveron a traballar os contidos tratados no 1º trimestre mediante unha unidade didáctica de repaso. Nela os nenos/as volveron a recordar contidos como o esquema corporal, a lateralidade, a relaxación e a respiración, as habilidades motrices básicas e os xogos.

Na primeira foto vemos os nenos/as de Carreira 2 realizando un xogo cos conos para afianzar a súa lateralidade, mentres que na seguinte vemos ao alumnado de Vilarrube traballando o equilibrio cun xogo de cordas.

No hay comentarios: