O 1 de abril veu soleado, a primeira hora Yasmín trouxo pilas para reciclar...
No recreo a primavera esperábanos fora... Como era venres estaba tamén Oscar.
Xa temos moitísimas eirugas da seda nacidas e xa algo crecidas e a nosa moreira sigue pequena...
O día 7 xa...
As flores silvestres e as cultivadas
Despois do recreo do día 7 empezamos a fabricar xabón de Aloe Vera, é a receita nº 4 que facemos esta tróuxoa Sara, dunha veciña...
Preparamos os moldes rebozándoos de aceite, mentras algúns batían. Ó final engadímoslle fariña de avea
Quedou así... Quitarémoslles os moldes o luns, si xa están ben para facelo...
O día 8 no parque. Toda a semá fixo sol e calor...
Marta volveu ó parque á hora do recreo.
Sementando liño

Día 14 exposición no Pazo da Cultura de Narón, con Roberto o profe de música tamén




Día 14, no Centro de Formación de Narón
Díronnos madeira de cedro vermello de Canadá a cada un
O día 14 pola tarde fabricouse o xabón exfoliante, é a receita nº 5, que collimos en Internet.

Este poidose desmoldar ó día seguinte.

O dia 14 fixemos o día da árbore tamén
O 15 estaban todos os marcapáxinas de axuda a Costa de Marfil preparados para levar a casa porque o día do libro cae nas vacacións.
As contas quw fixeron cada unha de 5 anos co recaudado para os nenos e nenas da costa de Marfil.
As contas que fixeron cada un de 4 anos.
Os diplomas recibidos polo traballo de axuda solidaria.
O día 15 fixéronse 2 queiques de chocolate, un para Vilarrube agradecéndolles que nos deixaran o forno todo este curso e outro para tomar na escola.
Por fin se estrearon os gorros (idea collida dos de Vilarrube no curso pasado) aínda que non están todos rematados ó completo... O queique para vilarrube mandouse por Oscar... Logo dixeron que estaba moi ben aínda que a algúns non lles gustou.
día 15 soprando ovos...
Día 18 entregándolle a Enrique una das plantas de Cineraria Marítima que logramos nós este curso, en agradecemento por facernos os armazóns dos globos aerostáticos.
Os xabóns quedaron refacéndose durante moitos, moitos días, e uns xabóns máis ca os outros. Mateo
O día 18, no 3º programa de radio "Dalle que Dalle nas Ondas" que foi sobre as actividades cíclicas do ano.
Tivemos con nós a Chelo, a Elvira (avoas de Mateo e de Yasmín) e a Sara a irmá de Mateo, para contarnos moitas cousas sobre as festas e actividades anuais. A min gústame moito ir á radio. Alba
Despois Candela aproveitou a coller follas de moreira chorona, en Caranza porque as eirugas comen. moitísimo e ademais das da escola criamos na casa: Sara, Yasmín, Candela, Antía, Xeila e máis eu. Alba
No mes de abril tocou ir rematando os cadros de tea e os teares... Tivemos que traballar moito para acabalos para o día da nai... xeila
As de 3 anos cosen, este video foi collido nun momento a primeiros de febreiro...
De principio a fin feito por elas con 3 aniños... para as nais
De principio a fin con 4 e 5 anos para as nais.
Os teares de cada un van rematados por detrás tamén.
O día 20 os pais de Antía e Sabela estiveron preparando cousas nos ordenadores e probando na pizarra dixital despois de que Suso viñera a explicarlle como usala en todos os aspectos. Antía fixo os seus ensaios...
Despois dunha semá así estaba o liño...
Os ovos de Pascua que atopamos no xardín da tradición centroeuropea.
O roscón de Pascua co ovo cocido da tradicion española.
O cumpre de Alba celebrouse o 27
Candela trouxo moitos careixóns e nós collimos tamén algúns do noso xardín...
Para o día da nai prepararon, ademais dos cadros de tea e teares outras moitas cousas:
Exemplos dos niveis de 5, 4 e 3 anos de aproveitamento desta cantiga que traballaron en música.
En relación coa visita á casa do mel fixéronlles traballos con cera de abella.
E bandexa con 6 xabóns de 5 tipos con exágonos explicativos de cada un.
Preparar os paquetes
O día 28, a última hora, aínda fixemos na clase de música esta tarxeta, con Roberto. Xeila acordouse de traela para escaneala por dentro e por fora para poder ensinala eiqui... Ten a partitura da cantiga que nos ensinou...
Tamén as exalumnas fixeron cousas...
Agora xa están así de grandes as eirugas da seda...
Os 2 primeiros casulos os fixeron o día 26 e ata o 30 seguiron facéndoo outros.
Estes están buscando sitio para facer o seu casulo e os do lado pronto o buscarán.
Exemplo de textos libres, estes son de Alba.
O día 28 pola tarde nos obradoiros do bus de Gaudí, en Ferrol. Foi suxerencia de Patricia.





Logo de merendar na praza de Armas, os últimos no Cantón...























O dia 14 fixemos o día da árbore tamén














De principio a fin feito por elas con 3 aniños... para as nais








Exemplos dos niveis de 5, 4 e 3 anos de aproveitamento desta cantiga que traballaron en música.

















1 comentario:
ai,ai!! se eu fose pequerrecha sen dúbida querería ir a unha escola coma esta!!
disfrutádea moito porque é un auténtico privilexio!!
Publicar un comentario