domingo, 17 de julio de 2011

LAGO: XULLO-AGOSTO 2011


O 15 de xullo aínda estaba o liño moi verde, mesmo aínda estaban saíndo algunhas flores... Elvira, a avoa de Yasmín, que o ten prantado de nova, veu que aínda lle faltan moitos días para que se poida arrincar. Mirou tamén o de Chelo, a avoa de Mateo, ese está máis crecido (é terra máis estercada) pero tamén lle falta polo menos unha semá...
O día 8 de agosto Chelo recolleu o liño, a mediados da semá anterior pasou Elvira a mirar o da escola e dixo que valía, polo que puxemos este día, luns, para recollelo.
Na escola quitouselle a baghaña, entre todos, ó de Chelo e ó de Rosa e recolleron o pouco liño da escola que quedou, o máis grande desapareceu sen explicación, o 29 de xullo estaba!!!! claro que ningún da escola era tan grande como o que plantaron as familias. O noso terreo é moi malo e case non foi abonado!
Os nenos merendaron e aproveitaron que había morangos na nosa horta para comelos... Veu tamén Gabriel, o neno que nos entra o curso que ven, e estaba abraidado de que os tiveramos ...
Mentras as nenas e nenos xogaban un pouco e merendaron (deuselles por facelo nun curruncho da escola!), as familias remataron o traballo e logo fomos ó río Vilar. Diante da casa de Antía encorghouse o liño. Tiñan abruños maduros!!!! Mirádeos na foto.
Os nenos, como non, tamén aproveitaron a xogar e enredar nese novo espacio, para a maioría... Pasamos unha tarde estupenda e ben socializada!!!!! Cada un levou tamén 2 DVDs máis con fotos, vídeos, traballos, etc, do curso.
Fotos de Mónica dese día: Explotando as posibilidades de xogo que ten cada lugar...
Pero tamén algún ratiño de atención e participación...
O liño queda dentro do río... e volta a papar...
Dentro de 9 días Elvira dirá se vale para recoller...

A recollelo só poideron ir 3 familias porque, como non ten espera, non se poido trocar de día.
Despois de recollelo, repartíuse para secalo en varias casas. No curso seguiremos o proceso.
Familias ide enviando fotos e vídeos, faltan de nadal de Marta, de antroido de Eduardo... e dos últimos días antes das vacacións de Pascua e da radio en abril, Día 2 xuño de Lorena, Sonia... do día... Toribio... e da última semá: de varios...

No hay comentarios: