OLA!!! ESTA É A FOTO DE ENTRADA!
EN OUTUBRO tamén iremos subindo as fotos, e comentándoas, pouco a pouco, mentras tamén imos rematando as entradas de DECEMBRO, XANEIRO, FEBREIRO, MARZO, ABRIL, MAIO, AS 2 DE XUÑO, XULLO-AGOSTO E SETEMBRO, delas aínda faltan fotos e comentarios... Recordade que ver a primeira foto de inicio sempre, neste blogue, non quere decir que non fóramos poñendo máis cousas novas pois nós colocamos por detrás o que sucedeu despois... dentro dunha mesma Entrada. Eso sí, as Entradas máis recentes están por diante das máis antergas. Pero dentro de cada Entrada hai a secuencia temporal da sucesión de feitos para relelo os nenos-as despois de días e que lles axude a manter as lembranzas no tempo e no seu orde. O día 3 fixemos castañas asadas...
e dubuxo ó natural...
O día 4 Cris púxonos unha cantiga na pizarra dixital e nós colocamos os silencios e sons. Ese día comimos un acio moi grande de uvas. Ó final levamos para casa os nenos que fixemos con Cris, xa hai días. Antía
O día 5 fomos á praia e xogamos moito... Pasámolo moi ben! Fixemos moitas cousas. Candela
Non ía vento e non poidemos voar os papaventos grandes. Yasmín Pero poidemos voar o tetraedro da escola que fixeron o ano pasado e que a min me gustou moito cando o voei. Sabela Graña
Cando chegamos á praia fixemos moitas cousas mentres Xan e Martín preparaban os papaventos. Gabriel
Para ir e volver fomos polo paseo marítimo e na praia recollimos algas, para fabricar xabón de algas, tamén recollimos lixo para contribuir a ter limpa a praia. Sara
O día 6 visitamos 1 mámoa no monte, en Narón, e logo fomos a Aldea Nova. Candela tiña 1 grilo que tivo na casa 2 días, e aproveitou a deixalo no monte, na mámoa. Alba
En Aldea Nova, Sedes, NARÓN, fixeron unha mámoa pequena para que os nenos e nenas saiban o que é unha mámoa. Mateo
En Aldea Nova tamén hai unha reproducción dun castro con pallozas pequenas redondas, de antes da chegada dos romanos, e con esquinas redondeadas, de despois da chegada dos romanos, o muro defensivo... e xogamos a ser celtas e romanos e pasámolo moi ben. Xeila
Vimos un reloxio solar e unha casa tradicional galega, na cabana merendamos, mentas orballaba, e logo debagamos mainzo, collido do hórreo, para llevarlle ás ovellas. Sabela Graña
No baixo da casa está a cociña, e tamén a corte das vacas e o cuarto das ferramentas. Sabela Graña
No sobrado, están os cuartos e a subida ó fallado. Nesta casa no sobrado e onde están as cousas para fiar a lá e o liño. Alba
a casa do mel
os animais
coser
Inglés a día 10
O corpo...
O día 11 Sabela puxo unha pancarta en defensa da Escola Pública. Cando parou fúmola ver. Mateo
O día 11 cumpreu Gabriel 4 anos
O día 13 cumpreu Antía 4 anos
O día 13 empezando novos teares...
Xogos no parque
O día 14 xogando coas follas...
O día 17 obradoiro de cociña do grupo de 4 anos con Patricia: tarta de maínzo, sen ovo e con granadas...
Fotos traballando na pizarra dixital en música con Cris e en apoio ás rutinas con Mariluz. Para as rutinas usamos o programa dixital, adaptado, de Mar Vaamonde do Cra de Carballo quen nolo facilitou hai varios cursos. Graciñas Mar!!!
Xogos populares o xoves día 20: Pasa Perico...
Zapatiño quieto é... tamén a Martín Pirulicio, con prendas...
O día 21 viñeron de excursión ó noso parque nenos e nenas do colexio das Mercedarias...
O día 21 cumpre Yasmín
A entrega do caderno...
A tomateira ventureira que naceu en setembro gracias ó bon tempo sacou adiante moitos tomatiños cherris pero chegou o trebón e houbo que recollelos...
Ordenando por tamaños, sopesando e pesando...
O día 26 xuntamos todas estas cabazas que troxeron de Antía, Xeila e Mateo.
Cando lle celebramos o cumpre a Candela non estaba preparado o das rutinas na pizarra dixital e fixo a páxina do cumpre hoxe...
O día 2 preparamos as caveiras...
O día 28 saímos con elas antes de levalas para casa...
O día 28 fixemos os colares de zonchos coas castañas que recollimos no parque e que gardamos para iso... 
Esta cantiga das Caveiras é de Feli Fresco Cobelo, mestra que tamén estivo nesta zona e que foi quen lle ensinou a cantiga a Sabela e ela a nós. Graciñas Feli!!!! Gústanos moito!!!!
Os colares de zonchos é unha anterga tradición galega, agasallábanse ós nenos-as o día de Tódolos Santos. Agora fannos eles mesmos nas escolas. Nós aproveitamos tamén a facer un traballo de cálculo metendo 10 e poñendo a marca vermella da decena, e así sucesivamente, para ir sabendo a cantidade que van tendo.
A cantiga dos esqueletes, co texto desta versión, era popular en España hai moitos anos. Nós a temos pasada ó galego... Hai unha versión orixinaria de Costa Rica que aproveita as horas do reloxio.
Estas datas están unidas ó gusto polo macabro e que provoca medo, transformado en diversión.
2 comentarios:
¡Como me gustou oirvos cantar! Eu vou aprender a dos esqueletes para ensinárllela aos nenos e nenas do meu colexio.
Gustaríame volverme pequena e estar nesa escola!
Seguide así.
Apertas de Feli.
Moitísimas grazas polo agradecemento! É un pracer ver que o traballo dun élle útil a outras persoas e se sigue a utilizar. Un bico!!
Publicar un comentario