Á volta das vacacións de Semana Santa o ramo de Pascua, estilo centroeuropeo, xa folleara moito...
e algún ovo xa nos escachou...
Á volta das vacacións de Pascua a Campaíña de Pascua que mandamos a Roma (tradición francesa) tíñanos unha cestiña de sorpresas. Durante varios días lle dixéramos:
Campaíña, campaíña , campaíña,
por favor, vai a Roma axiña
e á volta da Pascua
trainos ovos rauda.
... Ata que por fin desapareceu e foise...
e á volta tróuxonos uns coelliños e ovos de Pascua para cada un.
Algúns debuxos de Domingo de Ramos e o que trouxo a Campá de Pascua
ao vir de Roma... e a busqueda pola aula, feitos na casa.
Algúns debuxos do Coello de Pascua e os ovos, que fixeron en casa...
O día 12 sopraron ovos os que non o fixeran e logo fixemos tortillas francesas.
Sabela tróuxonos moitos. moitos oviños de Pascua, como de paxariños, e poidemos repartir cos das escolas de: Vixoi, A Carreira 2, Vilaboa e Vilarrube.
e os pequenos un queique de chocolate negro.
O queique estaba boísimo. O marmelo non se probou ata o día seguinte e tamén estaba... guai!!
Durante a semá fóronse rematando algúns traballos pendentes... e iniciando outros que xa iremos poñendo cando estean rematados...
O apoio de Mariluz e Xan sempre é importante...
Algúns debuxos de tema libre, feitos na casa...
O Día do libro, 23 de abril: un libro e unha flor como a tradición catalana. Fixemos papoulas vermellas en lembranza do sangue do dragón que matou San Xurxo
e que fixo que florearan flores vermellas...
O día 26 foi o cumpre de Alba, ela fixo as rutinas e fixémoslle todos os rituais do cumpreanos empezando por cantarlle "Las mañanitas"
Ela trouxo 2 queiques e nós entregámoslle o caderno que fixemos para ela.
O día 27 fomos con todas as escolas do CRA aos bombeiros de Ferrol, fomos no bus cos de Vilarrube e Vilaboa. O primeiro coche de bombeiros que vimos ten 60 anos e xa non o usan.
Despois vimos os demais. Este vai preparado para apagar incendios para atender accidentes de coches. etc. Teñen unha ferramenta especial para cortar a chapa dos coches, se teñen que sacar a algún ferido que esteña aprisionado. Teñen outro máis coma este.Vimos a roupa e demais cousas que usan para apagar os incendios sen queimarse eles. Miguel, Mateo e Sara probaron a mascarilla.
Despois vimos o coche que leva a escaleira para entrar nos edificios polas ventás. Cada vez que subía máis decíamos: Oooooh!!! abraiados
E logo, todos os da nosa escola quixemos probar a subir na cesta da escaleira... pero nos subían pouquiño, eh!!!
Cando acabamos nós, xogamos á roda mentres non remataban outros e logo subimos á parte de enriba onde está a centraliña de chamadas, despois vimos as depenencias onde comen e durmen os bombeiros que estan de guardia, etc. Están 24 h. seguidas e descansan 4 días. Estivemos no ximnasio e Xan colgouse cunha soa man...
Por fin nos fixeron escuma e o pasamos en grande!!!
Logo cambiamos de roupa e fumos tomar a parva, e a xogar, a Xubia... Tivemos un día estupendo e pasámolo moi ben!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario