viernes, 1 de junio de 2012

ESCOLA DE LAGO- XUÑO 2012

A ESCOLA DE LAGO

Desde abril 2012 chamámoslle Dálle que dálle 
na escola de Lago, ás actividades voluntarias e fora de horario lectivo que se realizan. Dálle que dálle nas Ondas é o nome do noso programa de radio, en Radio Filispim (radio libre e comunitaria que emite desde Ferrol) desde febreiro 2011 e iso levou ao novo nome...
Desde abril vímonos na necesidade de crear un blogue aparte para estas actividades:

O día 1 de xuño viñeron, por primeira vez, a iniciar o seu período de adaptación 3 nenas que entran na escola o curso que ven: Elena, Marta e Antía. Estiveron con nós desde o recreo ata a saída e disfrutaron moito, co agarimo e protección especial que lles diron as nenas e nenos da escola, xogando no parque ou na aula.









O día 4 fixemos un postre de alta cociña e marmelo de morango.






 Estaba superexquisito!!!!
Odía 5 volveron as 3 nenas novas...
O día 6 foi o cumpre de Miguel




 Os debuxos do caderno para Miguel






 Por fin levamos os agasallos (unha bolsiña arómatica de lavanda da nosa horta e unha candea de cera de abellas que fixemos cada un de nós e o que nos contaron o ano pasado llo devolvimos impreso con ilustracións) para os avós, avoas e bisavoas, coas follas para recoller o que nos conten eles,
Neste día 6 tivemos actividades do Dálle que dálle:

O día 7 volveron as 3 pequeniñas desde o recreo.
 Pero as 2 primeiras fotos que siguen son do día 5.




 Despois foron con todos a clase de Xan.




 e logo pintaron e xogaron na aula...
O día 8 xa sairan do casulo 14 bolboretas da seda, o 7  había 5 e o día 6 saíu a primeira. na fin de semá sairán o resto porque as eirugas fixeron o casulo en 3 ou 4 días, polo 17 de maio.
 Por fin Antía e Candela remataron a súa cestiña... ían todas contentas!
 Xa hai chicharos gordiños...
O día 12 volveron as 3 nenas que van entrar...
 
As bolboretas seguen poñendo ovos
O día 13 tivemos actividades do Dálle que dálle: http://dallequedallenaescoladelago.blogspot.com.es/

 Latas coas que participamos na exposición do Arte Enlatado, en Cerdido.
Fixemos moitas...
Moitos traballos fixémoos en 3 dimensións.
 Levamos 43 latas con animais do mar...
Os da Carreira 2, participaron mandando 3 latas que fixeron, anque non poideron ir. Levábamosllas nós.
O día 14 fomos a Cerdido para facer, cos do colexio da Barqueira, a exposición do Arte Enlatado na que participamos os 2 centros, e pasar ata as 4 da tarde, xuntos. Estivemos na área recreativa "O Castro" de Cerdido e apesares de orballar por ratos, pasámolo moi ben.
Ó chegar estivemos un tempo xogando con eles no parque.


Despois formamos grupos mesturados: 2 de Cerdido con 2 de Lago.
e vimos todos os traballos
e logo fixemos actividades de búsqueda entre as latas ata que empezou a chover polo que despois de cantar un cacho fumos para os edificios de enriba onde xogamos sen parar e alí tamén fixemos algún xogo organizado, dos que facemos en Lago...
Comimos moi ben alí, con eles.
e finalmente volvimos a xogar no parque...
e pasámolo moi ben.
Logo fomos facer actividades do Dálle que Dálle

O día 15 volveron Marta e Elena.
O día 18 fomos á radio

O día 19 fomos ao parque do Pasatempo, de Betanzos
Fomos indo visitar a parte anterga por escolas mentras as demais escolas xogaban.
Vimos unha tartaruga no estanque.
Representamos o mapa de América para sutuar o canal
O león é xigante...
Despois d.e comer fomos ver o laberinto
E logo xogamos no parque...



No bus de volta volvimos cos da Carreira.
O día 20 volveron Marta, Elena e Antía...

Fixemos horta para recoller o plantado con Ana.
E repartimos as pataquiñas, ceboliñas e chícharos...
O día 21 celebrámoslle o cumpre a Xeila porque cumpre en xullo.


 e agasallámoslle o caderno de debuxos para ela



O día 21 volveron as 3 nenas, que entran o curso que ven.
 Para facer o periodo de adptción veñen desde o recreo.

 Despois tamén subiron con nós á clase de Xan.


 Ó final levaron para casa os debuxos que fixeron estes días na escola e en setembro xa estarán con nós todo o tempo..
O día 21 mandamos por Xaime os tapóns que recollimos ultimamente. O curso que ven seguiremos recollendo.
Pola tarde fixemos actividades do Dálle que dálle e o festival, todo se conta en:
http://dallequedallenaescoladelago.blogspot.com.es/

O día 22 foi o cumpre de Sabela
 e fixémoslle como ela nos fai a nós. Mariluz nos fixo as fotos...
Fomos facendo un montón de agasallos para entregar aos que colaboraron con nós na radio, na escola, nas saídas... Eiquí vemos algunhas fotos dos entregados pero aínda faltan por entregar.
No parque este mes disfrutamos moito apesares de que non fixo moi bon tempo
Antía, Candela e Yasmín tamén remataron os teares, elas puxéronlles cunchas e doas. 
Bo Verán!!!



1 comentario:

Anónimo dijo...

Rematou este intenso curso...! Ata setembro e bo verán!!!