miércoles, 29 de septiembre de 2010

SETEMBRO 2010

OLA!!!!!
Empezou un novo curso, fóronse algúns compañeiros e profesores e viñeron outros novos... Hai moitas novidades! Por exemplo a Yasmín non a coñecíamos, en xuño non veu facer o periodo de adaptación porque ía ir a outra escola, pero estivo moi tranquila con nós desde o primeiro día...
Estamos: Sara, Alba, Xeila, Mateo, Candela, Antía e Yasmín, as 3 últimas entraron novas. Andrea, David, Laura, Paula e Sabela xa non están, van ó colexio de Atios. Sabela sigue sendo a nosa titora, tamén siguen Quique e Oscar de profes e viñeron Mariluz e Roberto.
O día 10 empezou a escola, un pouquiño nada máis, xusto para ir afacéndonos á idea... e reencontrarnos nos nosos espacios do interior e do exterior da escola.

Pero ese primeiro día xa tivemos unha grandísima sorpresa, veu o profe de música, Roberto, con este teclado xigante e poidemos escoitalo e probar a tocar nós sós ou con el. Noutros días foi traendo unha trompeta, unha frauta traveseira e mesmo unha guitarra española... Uf, que guai!!!!
No verán creceron as cabazas pero a máis grande xa non estaba o 1 de setembro..., alguén a levou! Aínda están saíndo flores e hainas empezando a crecer. Saíron as fabas e o maínzo apenas creceu... Eso sí, tivemos moitas dalias e moito fiuncho, lavanda e demais aromáticas. Desas dímoslle algúns pés a Roberto, que ten terraza.
O día 14 fixemos nós mesmos a parva para comer a media mañá, fixemos unha cousa que nos daban de pequenos pero xa nin nos lembrábamos... éramos moito máis pequeniños e esquecímonos! As maiores fixemos unha ficha, cada unha, describindo a receita.
Todos os anos xa recollemos castañas desde o primeiro día... e facemos moitas actividades con elas... ademais de ir levando algunhas a casa, dar a proba ós de Vilaboa porque nos escribimos con eles (e a Elisa, a profe, e a Quique, que llas levou) e comelas na escola!!!! Este ano tamén lle dimos a Roberto porque el nos axudou a recoller.
Despois de clasificalas en 3 tamaños ata imos contando as grandes (formando decenas e centenas), en varias ocasións, logo gardámolas para facer o colar de zonchos do 1 de novembro... Están no conxelador da casa de Sara.

Roberto como estivo con nós nalgún recreo, e nos axudou a recoller castañas, ensinounos a cantarea do ouriciño:
Ouriciño pincho

abre a porta xa

que dona castaña

vai estoupar... Plof!

Roberto atopou, no chan, un ourizo verde e moi pechado. Abríuno e tiña as castañas brancas, sen a pel marrón que teñen todas. Sabela preguntounos se quedarían así ou fabricarían a pel estando fora e deixámolas separadas, para observar. Era venres, e o luns, cando chegamos, xa estaban coa pel da cor das outras, puxemos unha ó lado para que se vexa na foto... Algunha castaña tiña verme e estivemos observando as súas correrías pola mesa e como se descolgaba dela por un fío que el mesmo fixo... pero tivo que volver a subir porque o seu fío non lle chegaba ó chan... Logo levámolo, na castaña, á terra do xardín para que poidera seguir o seu proceso Fixemos debuxos en simetría con restos de cousas feitas o curso pasado, é divertido! Poñemos algúns dos que fixemos.
As 3 pequeniñas xa empezaron a coser e fanno moi ben!!! Xa van polo segundo cadro...

E Antía xa rematou o segundo!

O día 23 fixemos un mural cos pés, díronnos a idea os de Vilarrube e A Carreira, eles fixérono o curso pasado e vímolo nos seus blogues e xa dixemos: nós queremos pintar cos pés tamén... E este curso non nos esquecimos!!! Graciñas pola idea!!! Pasámolo moi ben! Tamén empezamos outro coas pegadas dos pés de cada un, pero estamos a traballalo aínda.
O día 16, pola tarde fomos de excursión pola zona do Val, a sitios que teñen bonitas lendas.
O día 23, tamén pola tarde, fixemos outro percorrido... Esta vez pola costa hacia Pantín e Vilarrube.
Vimos a Pena da ventá, que pode ser da serea Gris... e estivemos nun castro.
Merendamos na praia de Vilarrube.
E estivemos tamén dentro da cova da Eirixoa! Guau, encantounos!
Como este curso non temos libros estamos empezando o 1º proxecto sobre as vivendas e edificios do mundo. Sara e Alba xa trouxemos moitas fotos de revistas. Tamén imos contando outras cousas, en follas como esta... O día 28, aproveitando que nos apoiaba Mariluz, fomos á figueira do bar de Freire a coller figos e follas. Días antes Candela e Antía trouxeran figos, xunto con outras froitas que colleran coa familia, para comer a media mañá... Agora xuntouse moita porque Sabela xa mercara para a semá... Gracias ó frigo, que se non estropearíase moita!!!

O día 29 non tivemos escola porque Sabela fixo folga. A semá pasada xa empezamos con música (pero o profe xa nos trouxo instrumentos antes) e educación física, e esta semá xa empezamos inglés. O día 30 preparamos o calendario de outubro porque finalizamos o de setembro, (o día 23 marcámolo especialmente porque empezou o outono) e pola tarde fomos de roteiro polo castro de Eiravedra, que ten unha bonita lenda e logo ó muíño de Pedroso. Pero antes nos fixemos unha foto diante do monte Esperón, todo en Narón.

Tamén empezamos a plantar nunhas xardiñeiras que imos pintar pero xa contaremos...
Como é principio de curso esta entrada do blogue foi das maiores, pero con moitísima axuda de Sabela, e os demais só puxeron o seu nome. Claro que é porque aínda estamos recuperando ritmo e poñéndonos en marcha de novo...

viernes, 2 de julio de 2010

O NOVO PATIO

Como xa sabedes, a escola de Vilarrube, aínda que é preciosa, non ten un espacio verde para xogar. Iso non podemos solucionalo, pero podemos facer algo para que o patio que temos quede máis bobito e teña máis posibilidades do xogo, asique se me ocurriu pintalo con varios xogos.

Así estaba o patio no principio de curso. É aberto e moi espacioso, asique ten posibilidades.
E isto foi o que fixemos estes ultimos días de xuño Quique e máis eu:
A meta do circuito de motos Unha bolboreta A Mariola, como lle chamamos na miña terra ou a Chapa, como lle chaman en Vilarrube Un Tres en raia Un circuito de chapas E este é o resultado no seu conxunto:
Por suposto non me olvido de Sabela, a moza de Quique que estivo toda unha mañá axudando; nin de Carlos que tamen me botou unha man para que se piudera rematar a tempo.
Moitísimas gracias a todos: Quique, Sabela e Carlos; por axudarme con isto e polos ánimos que me destes. Deu traballo, pero agora vendo os resultados seguro que pensades o mesmo ca min: que mereceu a pena!!


Nenas e nenos de Vilarrube, esto queda para vós, espero que o pasedes moi ben xogando nel e que o disfrutedes como eu disfrutei de vos este curso!!!
Un bico para tod@s!!!
Myrian

jueves, 1 de julio de 2010

FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2009-10


O venres, día 18 de xuño fixemos o festival de fin de curso no salón de actos da AVV de Lago que tan xenerosamente sempre nos prestan. Por fin me foron pasando algunhas fotos e poido subir algo, aínda que sea eu soa... Porque quedaron moitas cousas por contar pero isto non queren que quede sen subir, claro!
Comimos todos xuntos no bar da AVV e logo fixemos o festival no que as nenas e nenos son protagonistas en todo momento, cousa que lles encanta! Aproveitamos o tema do Xacobeo para facer a primeira parte da representación. Nesta foto están todos preparados cos traxes da comparsa deste antroido. Os traxes que se fan cada ano sempre aproveitamos a usalos para facer algo a fin de curso.

O primeiro foi representar o romance, cantado, de Gaiferos.
Paula quixo facer ese rol e Laura o do troveiro de Bonaval, roles que ninguén lle los disputou, por certo. Os demais foron o coro de narradores. Anque todos a saben enteira, claro.

Todos estiveron moi ben pero cando cantaban elas soas, nos diálogos e con eses chorros de voz, naide pensaría que son nenas tímidas.
Finalmente morre, fulminado, Gaiferos, e vaia caída! mentras o coro canta o final da historia. Despois, así vestidos, cantaron "Camiña D. Sancho..." "De segar de los secanos/ya vienen los segadores..." e recitaron "Vaiamos irma, ... A las aves meu amigo" do poeta medieval Fernando de Esquío, pois parece que cantaba ás aves da lagoa de Lago.
Logo cambiaron de roupa e cantaron "O piollo e a Pulga querían casar..."

As protagonistas principais nesta historia foron as de 4 anos, facendo de piollo e pulga. Todos o fixeron moi ben e elas mantivéronse moi centradas nas súas contínuas intervencións ...

David e Andrea tiveron 2 roles, primeiro de grilo e de sapo, respectivamente e finalmente de gato e rato.
pero ó final o gato come ó rato...
e quedan sen voda... por quedar sen padriño, como pasaba na obra que fixeron os de Vilarrube, no día das Letras Galegas, porque son historias moi parecidas.
Así vestidos, logo recitaron moitas poesías de Uxío Novoneyra (cada un recitou algo individualmente e varias tamén todos xuntos) e do seu amigo Manuel María. Tamén cantaron "O cuco cuco cuqueiro"...
Finalmente viñeron todas as danzas... Unha tras doutra. E iso que por non alongar non se fan todas as que se aprenden...
A primeira foi de quentamento e logo viñeron 2 muiñeiras


A saia da Carolina...
A da bolboreta que tanto lles gusta...
A polca do oeste... E como son impares, nas de parella, tiven que poñerme eu tamén, coa miña perna dereita aínda coa ciática a voltas.
E varias valsas. Tras cada unha delas ven o troco de parella e ó pobre desparellado tócaballe conmigo...
Despois... a xogar o resto da tarde no parque. Vaia día estupendo! Ben cheo de emocións rodeados das familias.
Sabela D. R.
Sara e Sabi foron coas súas familias ó Caurel no mes de xullo e alí recitaron poesías das que aprenderan, de Uxío Novoneyra, na escola... Tamén foron ata a casa de Uxío!