Un ano máis veu o período de cría das eirugas da seda...
O día 20 de maio empezou a facer o seu casulo xa a primeira das nosas eirugas. Na foto vese preparando a borra para sostelo.
Paula
A min gústanme moito as eirugas...
Mateo
Nacéronnos moitas eirugas. Alba, Sara, Laura, Xeila e máis eu levamos tamén para casa. Sabela, a profe, tráenos as follas de moreira de Ferrol.
David
O ano pasado plantamos no parque da escola unha moreira pero como aínda é pequena non poidemos coller máis ca unhas poucas follas...
Sabela L.R.
Dímoslle eirugas tamén a María, a profe de apoio, e a Rosy, a directora, quen reparteu cos pequenos da escola da Carreira... porque ós maiores xa lles díramos denantes... Pero... aínda nos siguen nacendo eirugas porque tíñamos motísimos ovos...!!!
Entre sábado e domingo (días 22 e 23) montóns de eirugas fixeron o seu casuloSabela L.R.
Alba
E así estaba o 31 de maio, xa perdera as patas de todo, todo... e a pel transformouse...
Pero hoxe houbo unha novidade... a eiruga que fixo o casulo o día 20 de maio saíu esta mañá, e estamos a7-xuño-10...
e non o fixeron porque eran 2 machos. Hoxe, o día 11, naceu unha femia e ó ratiño xa estaba copulando cun dos machos... a que esta si que se ve moi, moi grande...?
Vemos como están apareadas, a día 13, varias parellas e como unha femia xa puxo ovos que esperarán á próxima primavera para que se repita o ciclo...
O día 14 saíron tamén cedo, antes de que chegaran as nenas e nenos... Son do 22 de maio...
Así está a día 15 e vemos como a camiseta externa aparece dentro dos casulos tamén...
Vedes... pois fixeron o casulo o 23 de maio...
O día 18 de xuño xa morreran as 4 primeiras avelaíñas. E logo van ir indo as demais.
Os ovos que foron poñendo foron pasando do amarelo, ó marrón claro e logo a marrón escuro. A 22 de xuño estaba así esta caixa.
Eiquí sigue pendente de sair a que quedou sen casulo, xa moito máis pequena e vemos a 3 que malograron o seu proceso malia a estar dentro do casulo.
3 comentarios:
Os vermes que están na Carreira tamén xa están todos no capullo, cantos días pensades que tardarán en sair?
Resposta da escola de Lago:
Hoxe, 7 de xuño, xa podemos dárvola resposta sen consultar os datos do curso pasado... Coincideu que nos saíu a bolboreta do casulo do día 20 de maio... a primeira deste curso... Pero miramos tamén os datos e tardan unhas 2 semáns...
Como van as vosas eirugas?
estivemos vendo as vosas fotos, e nos gustaron moito quedamos alucinados. Ahora nos toca esperar a que as nosas eirugas se transformen, cando esto suceda tamén colgaremos fotos, Un saúdo de todolos nen@s da Carreira
Publicar un comentario