Na última semá todo o CRA tivemos que cumplir normas de Antroido.
Sara
O mércores estábamos así de choqueiros... Cada día había que engadir algo novo para non recibir farelo ou cousa parecida.
David
Na escola fixemos un meco entre todos e coma todos os anos ten relación co tema da comparsa... por iso este ano foi un gallofo, ou falso peregrino.
O 18-2-2010 fixémo-la saída do Oso que encinza para purificar e darnos un bo ano. Alba
Tamén xogamos á corrida do galo, ó dragón... e como para este día invitamos ós da escola de Vilaboa porque levamos varios cursos facendo correspondencia escolar con eles... e como non poderon vir... puxemos 3 fotos de cando viñeron no 2008.
Tamén xogamos á corrida do galo, ó dragón... e como para este día invitamos ós da escola de Vilaboa porque levamos varios cursos facendo correspondencia escolar con eles... e como non poderon vir... puxemos 3 fotos de cando viñeron no 2008. Sabela L.R. 

O final da tarde queimámo-lo meco e cantábamoslle: Meco, mequiño/ meco, mecón / vas ó lume/ por ser engañador... ou por ser embaucador... ou por ser roubador... e tamén a do CRA:
E vinde, vinde, velo antroido/ que está teso é doído/ sentado nun facho/ ó pé dun carballo/ e vinde, vinde, vindeo ver/ que está prá morrer... (que nos ensinou Myriam, a profe de Vilarrube).



No hay comentarios:
Publicar un comentario