Hoxe tivemos unha visita moi, moi, moi especial: veu Marta, a nena de Eva... nola trouxo o pai da nena...

Nós tíñamoslle un agasallo gardado desde hai meses, para cando viñera...

É unha nena preciosa e moi sorrinte... Encantounos vela.

Pero Eva tamén nos deu unha sorpresa: fíxonos 2 queiques e trouxo kinders, cominos niso 2 días... Graciñas Eva...

Pola tarde fomos de excursión... primeiro estivemos no encoro das Forcadas...

Logo estivemos na capela da Fame, que xa ten máis de 4 séculos, 4 de cen, pese a estar recebada... E chámase así porque os peregrinos soían parar eiquí para comer..

Fora e dentro ten gravuradas cruces de S. Xoán porque os cabaleiros da orde de S. Xoán eran os que protexían o camiño de peregrinación de Santo André, por iso as hai tamén na eirexa do Bon Xesús de Meirás e de Santa Margarida do Val, que son da mesma época...

Ten un retablo moi curioso, da mesma época que o edificio, é de granito pintado, dise policromado... ten un sol e unha lúa e os dos medallóns con cara a xente di que representan a fame e a preguiza...

José, de Liñeiro, abreunos a capela

Despois ensinounos o pazo de Liñeiro, onde vive el e díxonos que tiña máis de 5 centos anos... e que os escudos que tiña leváronos ó pazo de Vilarrube.

A fonte do pazo grande de Liñeiro...

Logo pasamos pola escola de Vilarrube para ir...

ó paseo dos namorados...


que ten unhas vistas moi, moi bonitas á praia de Vilarrube... á esquerda está Pantín e á dereita Cedeira.

Nese paseo, Cris, a nai de Alba, ensinounos un covo de raposo e as pegadas...

No hay comentarios:
Publicar un comentario