Unha vez coñecidos os hábitos de hixiene, alimentación, postura e exercicio físico, os nenos/as do CRA O Esquío comezaron a traballar outro contido importante no que a Educación Física se refire como son as habilidades motrices básicas. Estas son 4, desprazamentos (correr, andar, reptar....), saltos, xiros, lanzamentos e recepcións.

Nesta fotografía vemos aos nenos/as da escola de Vilarrube traballando os desprazamentos por medio do xogo os grupos.

Nesta outra foto están os nenos/as de Taraza traballando outra habilidade como son os saltos co xogo dos nenúfares.

Traballamos os xiros de distintas formas, neste caso Raúl (Vilarrube) o fai por medio dun pinchacarneiro.

Por último tamén traballamos os lanzamentos. Aquí vemos a Iago (Vilarrube) lanzando unha pelota cunha raqueta de tenis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario