O 3-6-2010, pola tarde, fomos visitar a granxa de Xulia, a avoa de Xeila...

Vimos unha debaghadora de maínzo... Nós facémolo a man na escola...


e un muíño para o maínzo...


Os canciños atrouxeron toda a atención... Esta é Dana, a cadeliña de Xeila pero a Dana non lle gusta que lle poñan o seu nome ás cadelas...

As avoas e bisavoas aproveitaron a contarse as súas cousas...

Tiñan moitos coellos...

E vimos a Moro, o cabalo... Con cada animal cantamos a súa parte da cantiga:
Veñan vela granxa, veñan toodos
veñan vela granxa que é fermoosa...
os cabaliños fan así: ijjjjiii, ijjjiii, ijjjiii...

Tiñan moitos porcos, de moitos tamaños e clases...

Tamén nos acompañaron Candela

e Antía, que entran para o ano que ven...

e os ex-alumnos...

Debaixo duns salgueiros miramos ás vacas... porque facía moito calor...

A adiviña da vaca...


Á pitiña rubia do papo amarelo/ tróuxeronlle un galo, había que velo.../
quiquiriquiquiquiqui quí, quiquiriquiquiquiqui quí/
El era o señor do novo poleiro / campar entre as pitas, había que velo...
E como non... os xogos coas cousas de Xeila...

Despois de comer o riquísimo queique que nos preparou Xulia... con ovos e tona da súa granxa...

A volta... polo cruceiro da fonte-lavadeiro...

E a xogar e a merendar de novo ó parque...
1 comentario:
¡¡¡¡¡ Vaia día de calor que tibemos!!!!, eu paseino moi ben, que tal o pasachedes vos?
Publicar un comentario