miércoles, 29 de septiembre de 2010

SETEMBRO 2010

OLA!!!!!
Empezou un novo curso, fóronse algúns compañeiros e profesores e viñeron outros novos... Hai moitas novidades! Por exemplo a Yasmín non a coñecíamos, en xuño non veu facer o periodo de adaptación porque ía ir a outra escola, pero estivo moi tranquila con nós desde o primeiro día...
Estamos: Sara, Alba, Xeila, Mateo, Candela, Antía e Yasmín, as 3 últimas entraron novas. Andrea, David, Laura, Paula e Sabela xa non están, van ó colexio de Atios. Sabela sigue sendo a nosa titora, tamén siguen Quique e Oscar de profes e viñeron Mariluz e Roberto.
O día 10 empezou a escola, un pouquiño nada máis, xusto para ir afacéndonos á idea... e reencontrarnos nos nosos espacios do interior e do exterior da escola.

Pero ese primeiro día xa tivemos unha grandísima sorpresa, veu o profe de música, Roberto, con este teclado xigante e poidemos escoitalo e probar a tocar nós sós ou con el. Noutros días foi traendo unha trompeta, unha frauta traveseira e mesmo unha guitarra española... Uf, que guai!!!!
No verán creceron as cabazas pero a máis grande xa non estaba o 1 de setembro..., alguén a levou! Aínda están saíndo flores e hainas empezando a crecer. Saíron as fabas e o maínzo apenas creceu... Eso sí, tivemos moitas dalias e moito fiuncho, lavanda e demais aromáticas. Desas dímoslle algúns pés a Roberto, que ten terraza.
O día 14 fixemos nós mesmos a parva para comer a media mañá, fixemos unha cousa que nos daban de pequenos pero xa nin nos lembrábamos... éramos moito máis pequeniños e esquecímonos! As maiores fixemos unha ficha, cada unha, describindo a receita.
Todos os anos xa recollemos castañas desde o primeiro día... e facemos moitas actividades con elas... ademais de ir levando algunhas a casa, dar a proba ós de Vilaboa porque nos escribimos con eles (e a Elisa, a profe, e a Quique, que llas levou) e comelas na escola!!!! Este ano tamén lle dimos a Roberto porque el nos axudou a recoller.
Despois de clasificalas en 3 tamaños ata imos contando as grandes (formando decenas e centenas), en varias ocasións, logo gardámolas para facer o colar de zonchos do 1 de novembro... Están no conxelador da casa de Sara.

Roberto como estivo con nós nalgún recreo, e nos axudou a recoller castañas, ensinounos a cantarea do ouriciño:
Ouriciño pincho

abre a porta xa

que dona castaña

vai estoupar... Plof!

Roberto atopou, no chan, un ourizo verde e moi pechado. Abríuno e tiña as castañas brancas, sen a pel marrón que teñen todas. Sabela preguntounos se quedarían así ou fabricarían a pel estando fora e deixámolas separadas, para observar. Era venres, e o luns, cando chegamos, xa estaban coa pel da cor das outras, puxemos unha ó lado para que se vexa na foto... Algunha castaña tiña verme e estivemos observando as súas correrías pola mesa e como se descolgaba dela por un fío que el mesmo fixo... pero tivo que volver a subir porque o seu fío non lle chegaba ó chan... Logo levámolo, na castaña, á terra do xardín para que poidera seguir o seu proceso Fixemos debuxos en simetría con restos de cousas feitas o curso pasado, é divertido! Poñemos algúns dos que fixemos.
As 3 pequeniñas xa empezaron a coser e fanno moi ben!!! Xa van polo segundo cadro...

E Antía xa rematou o segundo!

O día 23 fixemos un mural cos pés, díronnos a idea os de Vilarrube e A Carreira, eles fixérono o curso pasado e vímolo nos seus blogues e xa dixemos: nós queremos pintar cos pés tamén... E este curso non nos esquecimos!!! Graciñas pola idea!!! Pasámolo moi ben! Tamén empezamos outro coas pegadas dos pés de cada un, pero estamos a traballalo aínda.
O día 16, pola tarde fomos de excursión pola zona do Val, a sitios que teñen bonitas lendas.
O día 23, tamén pola tarde, fixemos outro percorrido... Esta vez pola costa hacia Pantín e Vilarrube.
Vimos a Pena da ventá, que pode ser da serea Gris... e estivemos nun castro.
Merendamos na praia de Vilarrube.
E estivemos tamén dentro da cova da Eirixoa! Guau, encantounos!
Como este curso non temos libros estamos empezando o 1º proxecto sobre as vivendas e edificios do mundo. Sara e Alba xa trouxemos moitas fotos de revistas. Tamén imos contando outras cousas, en follas como esta... O día 28, aproveitando que nos apoiaba Mariluz, fomos á figueira do bar de Freire a coller figos e follas. Días antes Candela e Antía trouxeran figos, xunto con outras froitas que colleran coa familia, para comer a media mañá... Agora xuntouse moita porque Sabela xa mercara para a semá... Gracias ó frigo, que se non estropearíase moita!!!

O día 29 non tivemos escola porque Sabela fixo folga. A semá pasada xa empezamos con música (pero o profe xa nos trouxo instrumentos antes) e educación física, e esta semá xa empezamos inglés. O día 30 preparamos o calendario de outubro porque finalizamos o de setembro, (o día 23 marcámolo especialmente porque empezou o outono) e pola tarde fomos de roteiro polo castro de Eiravedra, que ten unha bonita lenda e logo ó muíño de Pedroso. Pero antes nos fixemos unha foto diante do monte Esperón, todo en Narón.

Tamén empezamos a plantar nunhas xardiñeiras que imos pintar pero xa contaremos...
Como é principio de curso esta entrada do blogue foi das maiores, pero con moitísima axuda de Sabela, e os demais só puxeron o seu nome. Claro que é porque aínda estamos recuperando ritmo e poñéndonos en marcha de novo...