jueves, 23 de febrero de 2012

A CARREIRA 1 EN MARCHA...

En breve a Carreira 1 comezará a publicar no blogue...

miércoles, 8 de febrero de 2012

ESCOLA DE LAGO- FEBREIRO 2012

Seguimos facendo, coma sempre, actividades diversas.
O día 8 arrincamos a berza ventureira que deu follas para a nosa comida e as follas picadas foron para darlles aos animais.
Plantamos allos e patacas!!! Puxemos o niño que nos deu Pedro, de Aldea Nova, colgado a ver se aniña algúnha parella de paxariños... e seguimos rematando o composteiro.
Estamos preparando o traxe de Antroido e tamén facendo bromas e xogos de antroido como os de pintar ou colgar o burro e pasámolo moi ben...
Toda a semá fumos vindo á escola cada vez máis choqueiros, según os mandados do CRA...
E fomos rematando os traxes. Cada quen eleixeu o tema da súa candea, buscou datos, fixo os debuxos, retallounos, coseunos e todos fixemos a nosa chama-gorro. Moitos faltamos días por estar enfermos pero fomos facendo o traballo, a pena foi de Antía que estivo mala tamén o día da festa do CRA.
O día 16 fixemos orellas na escola dirixidos por Lela, a avoa de Antía...

O 17 preparámonos cos nosos traxes de candeas e fumos de visita ao taller de coches e a cooperativa de Lago. Cantámoslles a cantiga enteira a todos...

 


Logo fomos á festa, en Meirás, con todas as escolas do noso CRA. Todos estabamos moi ben!
Nós cantamos a nosa longa cantiga sobre o lume, as candeas, etc... e vimos e escoitamos como cantaron os demais.
Levamos orellas das que fixemos na escola e invitamos aos das demais escolas que non tiñan orellas.
As nosas nais tamén fixeron máis orellas para invitar tamén, e as outras escolas invitáronnos a freixos e a rosquillas. Cada escola levou chocolate feito, e a papar...!!!
Despois queimamos o antroido pirómano que fixo Guillermo, o profe de Vilarrube.
E logo a picar globos e a bailar...

O día 23 fixemos antefaces...
Pola tarde os Criados sacaron ao Oso...
Coa axuda dos Criados o Oso enfeluxounos a todos...
Encarolounos moitas veces.
Sacamos ao dragón...
E fixemos o Xuício ao Meco incendiario e pirómano.                          
Queimámolo ó rematar, claro!
 En pouco tempo quedou en cinzas... !!!                  
E logo aproveitamos a saltar a lumeirada.                       
                      

                         

E recollimos a cinza para abonar.

O día 24 no recreo volveu saír o Oso cos Criados.

Encarolou a eito!!!

E saíu de novo tamén o dragón.

Fixemos o xogo dos roubadores do galo, cunha pelota
 e finalmente xogamos ás abelliñas do San Miguel para despedir a Roi
O día 27 fixemos o programa de radio
Fotos de Ana:
O día 28 fixemos a corrida do Galo.
 O día 29 mandamos por Ana os tapóns solidarios recollidos, pero seguiremos recollendo máis...
O día 29 fomos comprobar como seguía a nosa moreira e vimos que está xermolando xa...
 despois plantamos chícharos con Xaime e Ana.
E así rematou Febreiro soleado e trouleiro...