martes, 1 de mayo de 2012

ESCOLA DE LAGO - MAIO 2012

O día 2 Xan, no recreo, meteuse no asento de coche de Candela... Este Xan!!!
Non ves que ti es moi grande?
O día 2 os profes do Conservatorio de Ferrol  de instrumentos de vento-mental viñeron a facernos un concerto didáctico ás escolas do CRA para que nos acercáramos un pouco á trompeta, trompa, trombón e bombardino... Graciñas!!!


Levamos tempo preparando os agasallos para as nais e por fin chega o día...
Dos traxes de antroido aproveitamos os detalles que colocáramos, para facer murais e cadros.
Para facelas constelacións Sara e Sabela construiron estrelas con regra e compás...
Os datos para as posicións, tamaños, nomes, coloracións, etc... buscámolos en Internet.
Sara fixo o Triángulo de Verán entre as constelacións de Cisne, Lira e Águia que está na Vía Láctea e Sabela a de Orión, que ten a Vía Láctea pasándolle perto de Betelgeuse.
 Ademais de murais e cadros tamén un motivo sirveu para broche... Da cerámica que nos coceron en Cerámicas do Castro, fixemos colgantes e cada un lle agasallou un á súa nai, pintados esta vez con pintura plástica. Con esa pintura tamén pintamos macetiñas para que lles saia unha flor do bulbo que lle puxemos, claro que logo lles puxemos sementes porque os bulbos non estaban ben xa.
Os teares dos maiores por fin chegaron a rematarse e aínda bordaron neles. Xeila aproveitou a poñer por riba as flores  de feltro do traxe de antroido... Aproveitando a primavera cada un diseñou a súa bolboreta e  fixo unha colorida  vidrieira
Fixemóslles tamén uns pratos reciclados con fotos de antefaces  e mensaxes garimosos...
bolboretas e bonecas feitas con servilletas: apartires dun cadrado.

O día 7 Gabriel e Sabela viron esta preciosa bolboreta no xardín...
O día 7 os pequenos fixemos un flan de cabaza para tomar o día 8.
E os maiores fixemos arroz con leite para tomar no día.
 Estaba moi rico e aínda que a algúns non lles gusta o arroz con leite comimos todos, claro que outros recuncaron. Despois empezamos a escribir as receitas do obradoiro de cociña que facemos con Patricia.
Dímoslle o pequeno agasallo que lle fixemos a Patricia, polo ben  que o pasamos nos seus obradoiros de cociña. Iremos facendo agasallos a todos os que nos axudan voluntariamente.
O día 11 na clase de inglés con Mariluz.
O día 11 facendo robótica con Manolo D. R. fomos programando os robots e logo fomos vendo como funcionaban.

con fotos de M.D.R. :


A horta e xardín agora está así...
O día 16 limpamos de herbas e plantamos, con Ana, os pementos que nos trouxo Enrique.

As nosas eirugas da seda xa están facendo os casulos. Tivemos moitísimas e dímoslles aos das escolas da Carreira, Vilaboa e Vilarrube. Algúns de nós tamén levamos para casa.

O día 21 fixemos tortiñas americanas con careixóns... que comimos ese día, estaban boisimas!!!!

 e queique de garbanzos que comimos ó día seguinte e tamén estaba boísimo Patricia!!!!!


 Como é maio, o noso xardín está moi floreado!!!!
 O día 24 celebramos as Letras Galegas no CRA, todas as escolas xuntas,  e fixemos moitas cousas en 4 obradoiros.
Nun obradoiro, os de infantil de 3 e 4 anos fixeron alfombras florais con Sita e Sabela pero algúns axudamos antes a clasificar flores... Os de 3 anos foron os primeiros en traballar nas alfombras e despois os de 4 anos.
 Fixemos unha alfombra cunha fogueira no campo.
 Outra sobre Valentín Paz Andrade, a quen se lle adicou este ano o día das Letras Galegas, cun barco pesqueiro porque el foi tamén directivo de Pescanova.
 E unha mandala que fumos creando xogando coas flores que nos quedaban, que este ano non foron moitas, por certo!!...
 No maio traballaron os de 5 anos e os de primaria con Pilar, Xan e Guillermo. Quedou precioso!
 Ao final da mañá vimos a nosa revista escolar "Os esquíos rebulideiros" e o conto viaxeiro que fixemos este curso entre todas as escolas e despois recitamos e cantamos os de cada unha das escolas, celebrando que temos un fermoso idioma que debemos usar e coidar como cada quen debe facer coa súa lingua e cultura porque son a expresión máis propia de cada pobo e un tesouro que nos pasaron os nosos antepasados para que nós o mimemos e cultivemos e algún día llo pasemos aos nosos fillos e netos...
Nós recitamos "Cando ti volvas polo mare..." de Valentín Paz Andrade dedicado a Castelao e cantamos unha parte (para non alongar as actuacións) da cantiga de San Benitiño de Lérez porque alí naceu Paz Andrade





O luns  día 28, cando estábamos no recreo, Alfonso veu cortar a herba.
 Cando vai bon nos recreos imos ao parque, ao areeiro...
 Esta semá 2 comimos caldo de cabaza. Rechíflanos a todos menos a Yasmín e a Gabriel.
 Outra vez volve a estar en perigo a moreira e temos que salvala de novo.
 Temos de todo!!! Xa levamos comido moitos morangos da nosa horta!!!