Este curso somos dez, Sara e Alba non se foron e viñeron Gabriel e Sabela e Miguel Graña. Agora estamos Miguel de 3 anos, Candela, Gabriel, Yasmín e Antía de 4 anos, Xeila e Mateo de 5 anos e Sabela Graña, Sara e Alba de 6 anos. A nosa titora é Sabela Díaz Regueiro. Mariluz é a nosa profe de inglés, Cristina é nosa profe de música e contacontos, Xan é o noso profe de Educación Física e Óscar é o profe de relixión.
Sabela Graña
Sara
Sara
O día 13 xa empezou a "Contacontos". É Cristina a que nos fai de contacontos este curso. O primeiro que nos contou era dun neno que tiña ganas de facer pis. Foi moi bonito e logo fixemos ó neno cun tubo de papel hixiénico e resultou moi simpático.Xeila
O día 15 Xan veu cedo e estivo tamén no parque con nós e despois fixemos ximnasia. Logo foise e nós clasificamos castañas por tamaños.Mateo
O día 15 pola tarde fomos coas familias de excursión pola lagoa, vimos árbores de ribeira: ameneiros, salgueiros, budios... e collimos delas 1 folla para ir recoñecendo as que atopabamos que eran iguais.Alba


O día 16
A volta ciclista...O día 20 fomos vendimar


Facendo mosto


Levamos a casa os marcapáxinas
As contas das sardiñas...
O día 22 fomos á horta do bar de Freire...
Atopamos esta bolboreta e Patricia logrou facerlle esta foto...
Pola tarde en Santo André de Teixido...
A porta que vimos en Santa Margarida do Val o ano pasado parécese a esta de Santo André de Teixido...
Di a lenda que os animais que se atopan por Santo André de Teixido non se deben matar pois conducen almas que van buscando o porto do Alén para embarcar na barca de pedra e ir hacia o solpor para subir ó ceo. Nós vimos cabalos, vacas, cabuxas e moitos animaliños como estes que estaban no campo do mirador.
entregando o caderno cos debuxos que lle fixemos
O 23 celebramos o cumpreanos de Candela e entregámoslle este caderno...



Recollimos castañas moitos días pero estas fotos son do día 23.
A moreira estaba secando en xuño pero a coidamos e en setembro xa parece recuperada...
Con mazás que recollimos o día fixemos o papanduxas
O día 26 fomos á radio, foi o noso 1º programa de radio deste curso pero é o 7º desde que empezamos...
Algunha das fotos coa cámara de Mónica.
Clasificando e pesando o que recollimos no parque.
O día 29 viñeron cortar a herba.
Marco dos 3 Termos
O monte Esperón
O Trece e o Oenach
Primeiros cadros dos nenos novos...