jueves, 29 de abril de 2010

O TEATRIÑO

Esta semana fixemos un teatriño no cole co conto " A pulga e o piollo" e despois de escoitar a historia con moita atención e de ver os personaxes xogamos con eles e elaboramos a nosa propia historia. Tamén fixemos unhas caretas pintadas con pincel, cada un elixiu as cores cas que quería pintar, como tamén a careta que quería pintar, a maioría de nós escollimos a do pirata e algúns a de Mickey Mouse. Despois de deixala secar, picarlle os ollos e o borde co punzón puxémoslle un pauciño e levámola moi contentos para a casa.





No hay comentarios: