viernes, 2 de julio de 2010

O NOVO PATIO

Como xa sabedes, a escola de Vilarrube, aínda que é preciosa, non ten un espacio verde para xogar. Iso non podemos solucionalo, pero podemos facer algo para que o patio que temos quede máis bobito e teña máis posibilidades do xogo, asique se me ocurriu pintalo con varios xogos.

Así estaba o patio no principio de curso. É aberto e moi espacioso, asique ten posibilidades.
E isto foi o que fixemos estes ultimos días de xuño Quique e máis eu:
A meta do circuito de motos Unha bolboreta A Mariola, como lle chamamos na miña terra ou a Chapa, como lle chaman en Vilarrube Un Tres en raia Un circuito de chapas E este é o resultado no seu conxunto:
Por suposto non me olvido de Sabela, a moza de Quique que estivo toda unha mañá axudando; nin de Carlos que tamen me botou unha man para que se piudera rematar a tempo.
Moitísimas gracias a todos: Quique, Sabela e Carlos; por axudarme con isto e polos ánimos que me destes. Deu traballo, pero agora vendo os resultados seguro que pensades o mesmo ca min: que mereceu a pena!!


Nenas e nenos de Vilarrube, esto queda para vós, espero que o pasedes moi ben xogando nel e que o disfrutedes como eu disfrutei de vos este curso!!!
Un bico para tod@s!!!
Myrian

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Miriam, quedouche moi chula toda a decoración do patio. Encántame a mariola, jeje danme ganas de ir alí a xogar. Un bico!! Laura

Sabela D. R. da escola de Lago dijo...

Noraboa polo ben que vos quedou e NORABOA por telo entusiasmo, vontade e xenerosidade para facer o esforzo que vos supuxo realizalo en beneficio duns nenos e nenas.
Que esa ilusión e entusiasmo voluntario non se vos apague nunca!
Sabela D. R.