martes, 8 de febrero de 2011

LAGO, FEBREIRO 2011


Este mes iniciouse a web do colexio en
https://www.edu.xunta.es/centros/cravaldovino/
á dereita picades en Actividades e dentro delas en Lago e aí temos a nosa presentación como escola dentro do centro, que tamén imos completando.
Desde o 27 de febreiro tamén temos fotos colgadas nesa mesma web, picando en Galerías e logo indo a Lago 2009-10 e sobre todo en Lago 2010-11.

O xoves día 3 veu Hugo, está moi, moi crecido... El come e durme, Sabela e Dana teñen sorte porque non é chorón. Hugo sigue tan lindo e domilón como sempre... Sara

As pombas que nos deu Sita fixémolas coloreándolles as azas coas cores do arco da vella e quedaron moi bonitas e o día 3 levámolas a casa despois de cantar con elas as cantigas da PAZ que aprendimos ("Que canten os nenos...", "Viva a xente" e "Había unha vez... un mundo de Ben") ós familiares que viñeron a buscarnos. Alba
O venres día 4 fomos á obra de teatro de : "SR. Mundo, Dígame?" a Valdoviño. Eran moi simpáticos pero foi moi curta e tivemos que esperar a que nos viñeran a buscar. Xeila
Nós sempre temos que esperar ó bus e ese día tocounos esperar moito máis. Alba

En outono empezamos o mural das estacións
e agora está así. Mateo
O día 9 a avoa de Antía tróuxonos orellas de antroido. Estaban riquísimas. Xeila
Mariluz axúdanos un rato dos martes e mércores a que fagan as rutinas no ordenador as de 3 anos e os de 4. Sara Nós escribimos moito no ordenador: recibimos e enviamos correos-e, escribimos no blogue e agora na web tamén e consultamos en Internet. Sara
Estamos pintando as xardiñeiras que nos trouxo Sabela a principio de curso, da súa terraza. No outono plantamos as plantas que tamén nos trouxo e agora imos pintar derriba figuras xeométricas. Xeila
O venres día 11 comimos plátanos e aproveitamos a facer os polbos coas peles como vimos no pps que nos enviou Gloria e que nos gustou tanto. Sara
O luns día 14 veu María, de Lugo, para ver como traballamos na nosa escola.
Tróuxonos un lapis cuns muñequiños na punta de arriba que nos gustou moito, para cada un. Levámolos a casa todos contentos. Graciñas!!! Alba
Empezamos a facer as cousas de antroido. Este ano imos de pilotos de globos aerostáticos. Xeila
As nenas de 3 anos empezamos 1 cadro de tea. Candela e Yasmín
O día 16 veu Nuria a lernos os contos que trouxo Sabela de Cataluña. Ela tróuxonos unhas lambetadas caseiras feitas de froitas e xelatina con formas de canciños, estrelas e corazóns. Xeila
3 dos libros están en catalán e como Nuria é catalana poidemos saber como soa o catalán e vimos que o catálan ten palabras igual que en galego, por exemplo a palabra meu, ou familiar que tamén é igual que en castelán. Algunhas normas de escritura son diferentes ás nosas por exemplo para escribir nai poñen mare e din mara ou no conto do Caganer que se di Cagané. Sara
Contounos tamén a lenda do seu nome, Nuria, dun val dos Pirineos cataláns. Sara
Ata hoxe, neste curso, non falamos nada de Quique e da clase de Educación Física porque como damos esa clase no salón da asociación de veciños Sabela non nos ve e non nos pode sacar fotos pero onte, día 17, Sabela subeu e fixo fotos. Xeila Pasámolo ben con Quique nesta clase porque nos movemos moito... Alba
Patricia tróuxonos un ovo de galo... Mónica veu esta foto no blogue e pensou que Sabela nos vendera unha broma, pero non era unha broma. Os galos poñen algún ovo na súa vida e son pequenos e sen xema, por iso nolo trouxo Paticia, para que o comprobáramos. Xeila
Estamos cosendo no chaleque. Candela e Yasmín
O venres 18 Sara e Alba fixeron golfiños e Xeila e máis eu, un canciño. Mateo
O luns 21 Quique contounos un conto pero con títeres.
Onte, martes día 21, empezamos o noso propio programa da radio, pero axudounos Iago. Chámase "Dalle que dalle nas ondas" en Radio Filispim e esta vez foi sobre a Educación para a PAZ. Xeila
Para min foi o primeiro día na radio porque en decembro, cando fomos ó programa de André, eu estaba enfermo. Gustoume moito. Mateo
Fotos de Mónica:



Eu ó sair da radio, estaba emocionada e ó chegar a casa fixen este debuxo para Sabela. ALBA
O mércores 23, veu por fin Antía que estivo enferma. Yasmín
Nós xa estamos cos globos e ela aínda ten que empezar a retallar no chaleque... Candela
A min fáltame moito do traxe de Antroido. Antía

O día 24 fomos de excursión a Barallobre. Fomos cos da Carreira. Foi un día soleado.
Visitamos a lonxa e "Cesio" explicounos as ferramentas que usan para mariscar as ameixas e dixo que a variedade que cultivan, que lla trae a Xunta, non é das de equí e que se están acabando as nosas variedades...
Neste aparello clasifícanas por tamaños e as pequeniñas as volven ó mar e á area.
Esta é a depuradora, nela están 2 días. A auga que usan é a do mar pero pásana por raios ultravioleta que matan todas as bacterias que van na auga. A auga entra por grandes chorros para que xenere osíxeno para que respiren as ameixas. Tamén teñen un depósito con baterias que se alimentan das cacas e pises das ameixas...Fora esperamos a que lle diran á Directora, copia dixital de fotos e un pps sobre o cultivo das ameixas. Moitas graciñas por todo!!! E xa nos fomos para a antiga estación de Barallobre onde nos esperaban para facer Educación Vial. Explicáronnos como debemos circular de peóns e coa bicicleta. Xeila

Logo comimos e logo... Os cascos e os chaleques e...
A conducir e circular!!!!!
Nós non nos fixábamos dos sinais do chan e ás veces íamos por onde non debíamos pero os semáforos os respetábamos, eh!!!

Había varias cousas para montar... Pero ós de 3 anos nos levaron tamén, algún ratiño, de acompañantes... Yasmín ía diante dos maiores da Carreira!!! Eses colleron os coches grandes e xa non os soltaron... Que sorte!!!

Eiquí falta a foto de Sabela levando nunha bici-carro a 2 nenas... Poñerémola cando a mande Cris.
Estas son as fotos do noso carnet de educación viaria.
Esta semá recibimos un envío da escola de Vixoi, do CRa de Bergondo, cun traballo sobre o Pandingueiro e un CD cunha presentación dos seus traballos sobre todo cara ós avós, demais maiores da zona e o Centro de Discapacitados de Bergondo, que os exalumnos coñeceron cando viñeron a facer unha obra de teatro a Valdoviño, hai varios anos...

Alicia e máis eles fan cousas moi interesantes que nos gustaron moito!!!
Nós tamén fixemos cousas sobre o Pandigueiro por iso este libriño nos gusta moito, Sara e Alba xa o levaron a casa pero os demais tamén o iremos levando.
O CD tamén nos gustou moito por iso mandamos dende eiquí un bico para cada un de vos e un especial a avoa Rosario, por ensinarvos tantas cousas.
Os de Vixoi ó principio de curso tamén nos mandaron un traballo moi bonito que lle fixeron ós fillos de Viqueira, e o curso pasado nos mandaran outro traballo que lle adicaron a Viqueira porque ese escritor tiña o seu pazo ó lado da súa escola, e na guerra tivo que escapar e exiliarse.
Graciñas por ser os nosos amigos!!!!!

No hay comentarios: