domingo, 1 de mayo de 2011

LAGO-MAIO 2011

O noso programa de radio:
http://opaii.blogspot.com/
e pinchar en: dalle que dalle, aí oirás o último progama que emitimos.

Sabela preparounos uns cadernos para traballar na pizarra dixital e os estamos facendo con ela, e con Mariluz cando nos ven apoiar. Nos cadernos hai exercicios de moitos tipos e son divertidos... Sara

O día 4 volvimos a soprar ovos, porque a algúns se nos escacharan a outra vez e con estes despois fixemos tortilla francesa para comer a media mañá. Os ovos soprados ímolos decorar. Mateo
Ese mesmo día estaba un grilo na escola, debeu entrar o día anterior, tivémolo na escola ata o día seguinte, puxémoslle plantiñas e comeu algunhas... Non cantou nada, debía ser unha femia. Mateo
Textos en distintas pautas... Nós escribimos apoiados en moitos tipos de raias... Xeila

Os de 4 anos escribimos sós, sen copiar de nada, desde hai moitos meses... Xeila
O día 6 Alfonso trouxo o guiñol, por fin nos chegou á escola!!! Graciñas Alfonso. Despois probamos nós a facer títeres cos monicreques que xa temos na escola desde hai 1 mes, que foi cando chegou todo ó CRA. Sara
7-5-11 fotos da galería da web de Radió filispim, na IX sesión Vermu. André nos entrevista sobre o noso programa "Dalle que dalle nas ondas"
A horta o día 10. Xa recollimos varias veces morangos para todos. e o liño está precioso.
Esta é unha comida rápida sana... Ás veces facemos así para ir máis tempo ó parque.
Tivemos unha grande sorpresa veunos visitar Roberto coa súa nai, no recreo.
Lela e a boneca de Candela
Traballamos a Lois Pereiro con Sabela e Mariluz aproveitando os cadernos feitos por outros centros que os subiron a Internet.
Recollendo plantas para a alfombra floral, o día 11.

O día 11 rematouse de facer o conto que a organización Save the Children propuxo para infantil nas escolas cobaloradoras no Día do Libro co programa "Marcapáginas por la Solidaridad" (contado na entrada do noso blogue do mes de Abril). O conto fíxose seguindo as pautas que eles marcaron para construilo.
0- ler a carta de Chantal, que vive en Costa de Marfil, anunciando o seu cumpreanos.
1- iniciar o conto usando o nome de cada neno e nena asociado ó animal que escolla.
2- agasallos que cada un lle envía "para que esteñan ben coidadas e protexidas"
3- diferentes transportes que cada un escolla para enviarllos.
4- o texto de "colorín colorado" que vai na páxina 4 e que copiaron as de 3 anos.



Nós enviámosllo conto a eles e o subiron neste enderezo:
http://blogs.savethechildren.es/embajadores/2011/05/12/el-cuento-de-chantal/
O 12 seguimos recollendo plantas e partindo tuia...
Aínda que Sabela rematou o seu Apalpador en febreiro, Laura e Paula viñeron acabalos agora, porque están menos tempo na extraescolar.
O 13, con todo o CRA en Valdoviño, houbo moitas actividades e entre os de 5 e 4 anos participamos nesta alfombra de bolboreta
os de 3 anos nesta alfombra de mandala.
Todos participamos no Maio, por quendas tamén, aí esta Alba nesta foto que baixamos da web.
Cando chegamos púxose o conto viaxeiro, pasaron por 3 obradoiros e logo a comida, outro obradoiro e finalmente o recital de poesías para as familias do CRA. Lago participou recitando "Galicia docemente" de Manuel María só, o resto de cantigas e poesías que se prepararon faranse na radio e para as familias de Lago.
18 maio: seguimos coas actividades lim, de Internet, sobre Lois Pereiro. Como os de 4 anos tamén saben ler e escribir poideron respostar a moitas páxinas...
Exemplo de ficha da semá das letras Galegas...
Continuando cos agasallos, o 12 leváronse para os avós e logo xa para moitos máis...
Contando para atrás de un en un e de dez en dez, coas fichas de unidades, decenas e centenas e contando para diante...
Descomposición de números, sumas restas...
Aínda se remataron agora os debuxos do cumpre de Alba. Estaban as follas preparadas coas fotos e desapareceron as dela e as do cumpre de Xeila (ela cumpre máis adiante). Esperamos a ver se aparecían e como non apareceron fixemos os debuxos e puxemos estas fotos de cando foron a Educación Viaria sobre os debuxos escaneados...


O día 23 había 3 bolboretas nacidas...
Na radio o día 23 falamos dos maios e da nosa lingua. O programa estivo moi emotivo, porque ademais de recitar e cantar nós recitaron as nais e a bisavoa e cantaron a avoa e a bisavoa e todo foi moi emotivo sobre todo cando recitou Mónica que case nos fai chorar porque a poesía lle recordaba cando o seu pai se foi de emigrante e leuna con moito sentimento... Sara
Toda a primeira parte quedou sen gravar
Debuxos libres das nenas de 3 anos nos que xa escriben sen mirar a un modelo, sen problema, razonando que letra toca: a de mamá, a de dedo, un a, un i, etc...


As nenas de 3 anos xa fan de todo, tan contentas e motivadas...

O día 25 apareceron os primeiros ovos que puxo a femia que se emparellou onte e ademais naceron 7 bolboretas durante a mañá...
O día 26 naceron moitas máis bolboretas este é o seguimento de 2 delas...
1 delas xa está fora e a outra case...
O día 26 xa estaba así unha das caixas... A de abaixo, á esquerda, non fixo o seu casulo e está facendo o seu proceso igual ata que lle toque nacer saíndo dese caparazón. As outras téñeno igual pero dentro do casulo... a esta aínda lle faltan días, ten que empequenecerse máis...
Levamos uns días facendo bolsos...
Alba e Sara lévannos xa... Están de contentas!!! día 27
Eu levei o meu bolso a ensinarllo ó meu avó e gustoulle moito. A min tamén me gusta moito e foime doado facelo... Alba
O día 30 estaban rematados o de Xeila e Yasmín, o de Sara xa hai días que o levou para casa...
O luns 30, Quique chegou cunha boa sorpresa: un baúl con xogos populares para facer en ximnasia durante esta semá, en todas as escolas do CRA.
O 30, pola mañá, estaba así a caixa coas bolboretas e os ovos...
Os bolsos das pequeniñas...
Os broches de maiores e medianos...

A bolsa que fixo Mateo...
Exemplo dun exercicio no traballo da pizarra dixital, gardado como foto desde a propia pizarra. A pizarra necesita estar moi ben calibrada para que a escritura sexa boa, calquera cousa que a mova fai que as líneas esteñan desunidas.

No hay comentarios: