miércoles, 1 de junio de 2011

LAGO, XUÑO-1, 2011


O día 1, a primeira hora, tíñamos unha grande sorpresa... Chegaran as cartas das nenas e nenos de Vilaboa!!! Límolas despois na escola e logo levámolas a volver a ler na casa...







O día 1 maiores e medianos fomos a Ferrol para comer e quedar pola tarde.
Como visitamos o bus de Gaudí hai pouco, esta vez fixemos un percorrido polo Ferrol modernista, por iso visitamos o chalet de Antón.


Logo pasamos por Herrera, Jorge Juan e as vistas ó mar...
para logo ir polas rúas buscando os edificios de Rodolfo Ucha e outros...
Merenda no Cantón
e xogos...
despedida do Cantón
xogos no Jofre
Visita ó teatro Jofre e os ensaios do teatro...
O día 2 volvimos a disfrutar dos xogos populares...
Tipos de contas, exemplo de Sara...
exemplo de Alba...
Traballando co ábaco...
Pola tarde visitamos a Cooperativa de Lago

Fixemos preguntas e agora hai que facer un traballo...
Despois fumos a casa de Alba para ver os animais
montamos nun poni gracias a Cris e Javier... e merendamos e xogamos...
O dia anterior eu pedinlle a Javier, por favor, por favor, que nos trouxera a montura para poder montar nos meus ponis e que estivera para axudarnos a montar e para ensinarnos os seus animais. Moitas graciñas Javier!!! Alba

rulas, pucho, galiñas... de Javier
merenda e xogos...
O día 3, as de 3 anos rematando de preparar a numeración do calendario de xuño usando fichas de unidades e decenas para facelo de xeito manipulativo e comprensivo...
Exemplo de traballo dos de 4 anos que len e escriben desde hai meses.
O día 3 maiores e medianos facendo un biscoito de chocolate...

Coa humidade da escola estropeouse toda esta fariña e tivo que vir unha nai traernos outra para facer o biscoito, del non quedou nada, ó final... e iso que xa comeramos todo o demais... porque veu enfriar moito máis tarde...
O día 6 tocoulles facer o biscoito ás de 3 anos... Nun recipiente botaron o iogurte, o aceite e o zucre e batiron todo ben... Sara
Ah, os gorros sen poñer...! Menos mal que me acordei eu de avisarlles! Logo botaron 1 ovo e batírono, despois botaron o outro e batírono tamén. Logo botaron a fariña, o cacao e a levadura e batiron e batiron. Sara
Botaron a manteiga no molde, espolvoreáronlle fariña e verteron todo o batido no molde... Sara
E metérono no forno a 180 grados e algo máis de media hora. Mateo
Comímolo despois da froita, estaba moi rico e levamos 1 cacho para o postre de casa. Mateo
Mentres o facían, Xeila, de 4 anos, escribeu os ingredientes, e por certo é lévedo en vez de formento. Mentres, Mateo traballaba na pizarra dixital.
E mentres as maiores facían contas e escribían... Así é unha unitaria.
Ó ábaco temos que trocarlle a posición das cores para adaptalo ás que nós temos designadas para unidades, decenas e centenas noutros materiais... como nos chegou non hai moito e non é doado desmontalo, usámolo deste xeito.
As maiores inícianse ó ganchillo con Fani.
Por fin o día 8 se entregaron os carnets de Educación Viaria, da visita de febreiro!
Xa traballamos moito coa pizarra dixital e mesmo gardamos traballos dos que facemos...

A Ficha da que partíu foi esta, na que teñen que ir buscando as palabras na dereita, despois de ler a frase, e levalas para colocar debaixo, logo unir con raias coas mesmas palabras, escritas noutra letra, que están embaixo da páxina.
Así o poden facer cada una das nenas e neno
Outro exemplo do mesmo exercicio.
Exemplo de numeración
Exemplo de numeración e palabras.
Os broches das nenas de 3 anos.
Mateo nos conta:
Os de 3 anos foron comer a Ferrol e pola tarde ... comentarano elas a vindeira semá...






O día 9, pola tarde, fomos coas familias a visitar os invernadeiros de Fernando, en Vilaboa, el é o pai de Martín o que se escribe con Antía, pero Martín non veu co pai porque andaba algo enfermiño, que pena! Ó pasar vimos a Carlos e a escola de Vilaboa, foi mágoa non ver ós demais.
Fernando fai cultivo ecolóxico e iso fai que seña unha visita máis especial.
Como os familiares se interesaron moito polos detalles deste tipo de cultivo, os nenos aproveitaron mentras a argallar cousas para facer, alí ó lado, tranquilos, disfrutando do lugar e do bo tempo: ataron herbas nun espicho, fixeron pulseiras... porque o xogo non ten cancelas!
Mesmo aproveitaron para organizar xogos de roda... por intres observaban o que lles chamaba a atención ou atendían cando se lles decía... e logo, pasaban a aproveitar os estímulos que facilitaba a situación! O lugar é fantástico.
Todos fomos ata o embarcadeiro e mentres os maiores seguían co tema dos cultivos eles disfrutaron coa barca... O pequeno bosque que atravesamos desatou a imaxinación tamén...
Volvimos a ver máis invernadeiros... Fernando, incansable, ía saciando a sede de información duns e outros polo que está claro que este traballo o debían preparar entre todos os visitantes adultos para facilitar o traballiño dos nenos...! ou non?
Chegou a hora da merenda e logo fomos ver os porcos celtas, que sorprenderon moito, e alí despois tamén seguiron os picariños cos xogos das flores e plantas... Foi unha tarde moi interesante e apacible para todos!! Graciñas mil Fernando!!!!
Fóronse borrando as raias dos debuxos do xogo da chapa. Hai que volver a pintalas con pintura plástica pero mentres se xoga repasando as raias con xiz...
Roberto estivo de baixa e voltou esta semá, que ben!!!

No hay comentarios: