viernes, 4 de noviembre de 2011

ESCOLA DE LAGO- SEMÁ DA CIENCIA EN GALEGO-NOVEMBRO 2011

IREMOS COMENTANDO POUCO A POUCO.
AUMENTAMOS FOTOS POLO FINAL... Ollo!!!!!
Tamén ver en: http://www.cienciaengalego.org/drupal6/ , eiquí temos varias entradas, e fotos na galería.
O día 3 fixemos moitos experimentos acompañados de Mónica que tamén se encargou de facer fotos:



Algúns vistos máis de perto...


Pola tarde fixemos máis pero as fotos malográronse...
O día 4 seguimos co tema


Unímonos a outros centros para alumaer ás 12 h...
e seguimos mentras comimos...
Experimentamos o fluido "non newtoniano" de novo.
O DÍA 7 comprobamos como estaba o ovo que puxemos en vinagre o día 3, a súa cáscara é como unha tea... volvimos a poñer outro ovo para deixalo máis tempo aínda.
Algúns experimentos con velas e auga... etc.

Experimentos con efectos contrarios...
O día 8 fixemos transformacións na cociña facendo un bretzel de San Martiño (tradición alemana que nos ofreceu Stefanie)... O lévedo fai levedar, o calor do forno coce e doura e se coces de máis se queima, ollo!!!
No intermedio mestúranse e amásanse os ingredientes. Esta vez son Metemedos, do Samaín aínda, os que fan os Bretzels baixo a dirección de Stefanie.
Denantes de ir ó forno hai que barnizalos con ovo e finalmente os Metemedos os comemos o día 8 e día 9.
Como Estefanía nos trouxo tamén mazás, o día 9 fixemos un postre que nos propuxo ela, aínda que ela xa non estaba: mazás troceadiñas polas maiores con canela e galletas de avea desfeitas polas medianas, e ó forno...! Outra transformación diferente. Para que non se oxide a mazá un pouco de pingas de limón e tamén se lle pode poñer un pouco de aceite para que aglutine mellor...
Graciñas Estefanía todo estaba boísimo!!!!
O día 8 mentras levedaba e cocía o bretzel empezamos os farois persoais, ó estilo alemán, guiados por Stefanie Pasterkamp que hai 2 cursos tamén nos guiou para facer o ramo de Pascua estilo alemán..
Rematámolos o día 10, falta o de Yasmín que estivo enferma e non veu ata o venres. Polo San Martiño en Centroeuropa fan procesións de farois pois a luz solar xa é claramente pouca e como di a cantiga: Farol, farol (bis) /estrela, lúa e sol/ apágase a luz (bis)/ menos a do meu farol/ Eu vou co meu farol / o meu farol conmigo/ brillan as estrelas e tamén brillamos nós.
As crenzas precristiáns que provocaban os trocos de tempo que levaban hacia a dureza do inverno, están cubertas polas crenzas cristián sobre San Martiño que reparte a súa capa cun home cheo de frío. A procesión dos farois (os máis tradicionais adornados con estrelas, sol e lúa) remata cunha gran fogueira e ós participantes se lles agasalla un bretzel. http://www.youtube.com/watch?v=pEkdABUs7OM&feature=related
Os farois teñen que ver coa luz e o lume tema que estamos a traballar pero facéndoos fixemos aprendizaxes como o de ver como se pode cortar un aramio facendo xiros dobrándoo sobre un punto, pois para colgar os farois persoais usamos aramios.
O sol, a luz, a noite e o día, o calor e o frio dan moito para motivar...
Tamén chegaron cocidos os farois de cerámica que fixemos hai tempo e estreámolos todos.
Estes son os novos farois feitos en equipo: o lume, o Apalpador e a castañeira, con 2 lados de visión.
Fixemos equilibrios...
e outros experimentos... logramos facer xirar un DVD coa axuda dun globo!
O día 11, no Magosto do CRA asamos algunhas castañas con lume de verdade (nós xa asáramos na escola cun forno) e fomos pasando os grupos de nenos e nenas para ver como se asan. Para facelo Pilar Taboada levou un asador antergo e Sita Glez fixo de Castañeira, graciñas ás dúas mestras!!!!.
Día 16, pesar o maínzo de Alba debaghado na escola, por quilos na pesa e o total con romana, ademais de sopesar... Eran 5 kg e 325 gr. Logo fixemos equilibrios e series cos carozos... O día 17 outros novos experimentos ademais de repetir algúns... Os globos atrae pelos!!!
Atravesar un globo cunha agulla de metal...
Meter un globo dentro da botella onde hai auga moi quente, poñendo a boca da botella baixo a auga fría...

No hay comentarios: