miércoles, 18 de enero de 2012

ESCOLA DE LAGO- XANEIRO 2012

O día 9 de xaneiro volvimos á escola...
OS REIS trouxéronnos á escola: unha amasadora para o obradoiro de cociña e caixóns organizadores para gardar cousas.
O día 15 estivemos preparando a horta.
O día 16 os pequenos fixemos unha tarta de cabaza con Patricia, a nai de Candela.
Estreamos os mandiles e gorros pasteleiros que nos trouxeron no Nadal.
Saíunos moi rica!!
O 17 e 18 os catro imprimimos con limógrafo as nosas pombas da paz que estaban preparadas do curso pasado. Cada un de nós fixemos moitas copias para agasallar e os demais fixeron unha copia cada un.
O día 18 seguimos coa horta con Ana, a nai de Gabriel. Os pequenos temos sementadas cebolas desde decembro e xa naceron. Os maiores sementámolas hoxe. Estamos preparando un plástico para protexer as plantas, abonamos o terreo que cavamos a semá pasada e seguimos preparando a composteira.
O 19 seguimos imprimindo...
Todos estes días fixemos xogos especiais para a Paz: xeitos de axudarse...
Según en que lugar... según o peso... según o momento... todo depende...
coas mans fixemos caracois, estrelas...
Logrando meterse en cada vez menos sillas, coa colaboración de todos.

O día 23 fixemos puding de cabaza...


Gabriel rematou a súa boneca e levouna para casa todo contento...
O día 25 rematamos o invernadoiro...


Rematamos de imprimir co limógrafo
Cada un de nós fixemos un caderno cos traballos sobre a Paz.Un exemplo dos de 5 e 6 anos, 1 dos de 4 e 1 do de 3 anos. Leva a palabra Paz en braille.
Exemplos de 6 e 4 anos.
Despois de traballar sobre o Guernica de Picaso porque Candela tróuxonos a ensinar un libro para nenos dese cadro que ela veu no museo Raíña Sofía de Madrid, coa súa nai... fixemos debuxos e estes son algúns deles.
O día 27 celebramos o día da Paz todas as escolas do CRA, en Valdoviño. Os de 5 anos, e algún de 4 dunha escola, fixemos un móbil para cada escola do CRA, o que está na foto é o noso. Os de 3 anos e o resto de 4 anos fixeron un mural grande cun arco da vella, nenos de todas as razas e pombas da paz e os de primaria fixeron papiroflexia con motivos da Paz. Logo todos xuntos participamos cantando no auditorio e vendo un conto da Paz.
O día 30 fomos á radio, foi o programa número 11 e falamos do tema da Paz. Veu Domingo a contarnos sobre Angola porque el viveu alí anos. Cantounos unhas cantigas moi lindas que cantan os nenos dalí.
Os de Vilarrube foron os invitados desta vez...
O día 31 veunos visitar un trasno en PAZtinete, contounos moitas cousas da e para a Paz e propúxonos axudar a...
Gustounos moito!!!
Despois de que lle cantamos unha cantiga da Paz, que recolleu na súa bolsa... foise en paztinete, como chegou... !!!

No hay comentarios: