viernes, 2 de marzo de 2012

ESCOLA DE LAGO - MARZO

O día 2 foi o cumpre de Sabela Graña: cantámoslle as Mañanitas, as velas, as cantigas de feliz cumpreanos, as bromas coas orellas, o queique... e o caderno de debuxos que lle agasallamos!!!
                           
Fixémoslle debuxos moi traballados...
                          
Coa pizarra dixital
O día 5 fixemos freixós de cabaza, os 5 pequenos mesturamos os ingredientes.

 Os maiores prepararon a masa dos buñuelos de cabaza.

 Estaban riquísimos, non sobrou nada!!!
O día 6 fomos á Domus "A Casa do Home" á Coruña. No bus fomos cos de Vilarrube e Vilaboa.
 Vimos unha película en 3 dimensións...
 Tivemos un obradoiro sobre o corazón...

 Visitamos só un pouco da Domus porque xa era a hora de volver... Estivemos dentro do corazón xigante, vimos corazóns de varios animais, etc, etc...
O luns día 12 fixemos flores de antroido, a masa a preparamos os maiores.
Os pequenos prepararon para facer as torradas...
e leite de arroz.
O martes día 13 viñeron visitarnos Sabela e Roi e cantamos xuntos cantigas que nos ensinaron.
O mércores 14 foi o cumpre de Sara

cantámoslle as mañanitas, as velas...
as outras cantigas, as orellas, os bicos...
o riquísimo queique de améndoas e noces que fixo Sara coa súa nai
e o caderno de debuxos que lle agasallamos!
Desde hai días pintamos macetas de barro con plantillas que preparamos e con tampóns feitos de tapóns de botella. Formas xeométricas, corazóns, estrelas e flores foi o que máis quixemos facer.
Despois de pintadas o día 14 preparamos a terra... Son para o día do Pai...!
Dentro da terra puxemos capas de follas secas cortadiñas, para que sirvan de abono.
En cada maceta metimos: un talo de xeranio, unha aromática de raíz rastreira (melisa -herba cidra-, ou menta) un bulbo de tulipa e sementes de salvia. Nesta tarefa tamén nos apoiou Ana. Graciñas!
Nestes días de atrás fomos facendo candeas feitas con láminas de cera de abella, fixémolas coa axuda dun secador. Tamén para o día do Pai!
 e tamén para o día do Pai estamos a facer caixas de reixa plástica...
As primeiras en rematala!!!
 O día 19, na radio.
 Finola foi a nosa invitada para contarnos ´cousas.


 Ese día visitáronnos os nenos e nenas da escola de Taraza.


O día 21
 Día da árbore, plantamos dúas árbores de caramuñas que sementamos o ano pasado.
 Facendo cerámica o día 22.
O día 26 fomos a Cerámicas do Castro acompañados das familias
Todos fixemos unha cunca...
Visitamos o museo e a fábrica
As cuncas que fixemos viñeron cocidas a finais de abril xunto coas pezas que levamos feitas para cocer, estas últimas pintámolas logo con pintura plástica e a maioría son para facer agasallos. Cada un de nós levou moi ledo a súa cunca para casa!!!! Graciñas mil a Beatriz e a cerámicas do Castro!! ... e a Sonia por ir recollelas todas!
 En Sada
 e logo fomos onda os nosos correspondentes da escola de Vixoi, en Bergondo. Nunca nos encontráramos e tíñamos ganas de coñecernos en persoa, coñecer a bisavoa Rosario da que sabemos polo seu blogue, etc... Eles teñen rincóns moi entrañables, os maiores: avós e bisavós, os discapacitados... A escola encantounos!!! Nós tíñamos tamén interés en coñecer a casa do escritor Xohán Vicente Viqueira que coñecimos grazas a un traballo deles que nos mandaron xa hai tempo e tamén o freixo que teñen alí perto, famoso para nós por outro precioso traballo que fixeron e que nos enviaron no Nadal. Todos os desexos foron cumpridos.
Na finca da Quinta de Cortón a cerdeira estaba toda floreada....O burro era tranquilo... e todo estaba moi sabroso, o que compartimos do noso e do deles!!!
Nós aproveitamos a facerlles o pequeno espectáculo do lume e as candeas porque xa imos desmontar os traxes (coas cousas que puxemos nos traxes imos facer cadros... e as teas nos servirán para facer outros traxes; reutilizando todo sempre!!!!) Entregámoslles 1 candea de cera de abella que lles fixemos e imos mandarlles outras para Eva e Xan que nos fan de correo, e para Alicia, a titora.
Os de Vixoi agasalláronnos con limóns do seu limoeiro xigante cun mural precioso e un traballo sobre a filla de Viqueira... Moitas, moitas grazas!
Pasamos un día estupendo e foi unha visita moi, moi bonita... Recordade que sería estupendo que vos tamén poiderades vir visitarnos...!!!!
Escola de Vixoi e Quinta de Cortón, da familia do escritor
 Xoán Vicente Viqueira
Algúns debuxos da excursión que trouxeron de casa...
Rematamos os debuxos para o traballo sobre o lume.
 Este mes fixemos lúas con Cris e algúns avanzamos nos cestos co apoio de Xan.
 O día 28 plantamos pementos do Couto que nos trouxo Ana.
O 29 Sabela fixo folga e aínda que ían vir profesores do CRA a atender os nenos, os pais non mandaron os nenos á escola.
Por fin ó final se preparou o ramo se Pascua  ao estilo centroeuropeo (que se fai antes da Pascua), como nos ensinou Estefanía hai  2 cursos. Fixémolo pequeno (esta vez cos avos soprados en familia, como se fai nos lugares que teñen esta tradición) e sen colgar todos os ovos pois a excursión do luns, a folga e o traballo do conto viaxeiro, que nos tocou esta semá, nos impideu dedicarlle máis tempo. Cando se desfaga o ramo, despois das vacacións,  utilizaremos os avos para outras aplicacións de divertidas actividades manuais, do tipo que temos feito en anos anteriores.
Sobre este tema  na Galería da Web do CRA, no curso 09-10, no apartado de Lago, temos colgado un traballo, en 2 partes, con amplas explicacións desta tradición.
e ramo_de_pascua_parte2.pdf
Como vedes este mes tamén foi intenso!!!!

No hay comentarios: