miércoles, 10 de noviembre de 2010

O RESTO DE NOVEMBRO 2010

Escola de Lago
Ademais da semá da ciencia en galego, que está na entrada anterior, contamos do mes de novembro:
O samaín deixounos sen luz eléctrica e na xuntanza de nais tivemos que acender candeas. Aproveitamos a colocarlle cornos a Sabela e dixo Mónica: pois esa foto hai que poñela, que nunca sae... Alba e máis eu puxéramoslle os cornos de viquingo... E por riba tróuxonos a probar osos de santos para comer na escola. Sara
O 3 de novembro os do concello cortáronnos a herba. Sara
Este ano, a 5 de novembro, están floreando aínda as nosas plantas de cabaza e hai morangos... Sara As chulas que nos fixo Patricia, o dìa 9, estaban riquísimas, fíxoas de cabaza e o día 16 fíxonos puding de cabaza que nos durou 2 días e tamén estaba moi rico. Alba
O calendario de novembro o terminamos de preparar, con todos os números, o luns 8. Na foto, os de 4 anos van no número 17 e 18. AlbaNesta foto facemos sumas con sementes... trocando de sementes, para cada suma, pero sempre tendo o mesmo número en total. Mateo


A folla de contas que se ve é de Alba.
e as restas fixémolas tamén con garabanzos... Alba
A esfolla fixémola o día 10, coas espigas que trouxo Alba. Mateo
Despois debagamos todas as espigas. Candela
Debagando o maínzo de Alba, eu bulía moito. Antía
Xogando cos carozos eu tirei unha torre sen querer... Yasmín
Estábamos preparando os farois. Nós fixemos moito. Antía
Os 3 farois que fixemos entre todos son 1 serpe, 1 bolboreta e 1 fada. Candela
4 farois doutros anos máis os 3 farois novos son 7 farois. Yasmín
Despois, o día 15, os de 4 anos fixeron, cada un, o problema dos farois. Alba
Os catro doutros cursos e os tres deste fan sete, contádeos!!!! Alba
Puxeron billas novas porque non pechaban ben e pingaban, e se as pechaban moito estaban duras para abrilas nós. Agora é unha marabilla!!! Sara
Vicente, ó día seguinte, tamén nos pintou o frente da escola para que poidamos facer o mural do outono, pero agora chove todos os días e aínda non poidemos escomenzar. Xeila
Debagando as 3 pequenas o maínzo de Xeila, o día 11, pasárono moi ben. Mateo
Antes pesamos as espigas, todos, e logo o maínzo debagado, todos tamén. Mateo
A min pesábame moito... AntíaDespois, o día 15, fixemos os cálculos, cada unha das maiores, de todo o maínzo que pesamos.
Alba
Preparamos novas cabazas-animais voadores polo tema xeral do ar. Alba
As de 3 anos fixemos 1 pavo. Yasmín
Temos que contar que o día 8 naceu Hugo e recibimos a foto o día 11. Hugo é o irmau de Sabela e Dana, que tamén viñeron a esta escola. A todos pareceunos moi, moi, moi lindo e logo eu funo visitar e é precioso. Sara
O día 12 celebramos o magosto todas as escolas do CRA, xuntas. Os de 3 anos empezaron no obradoiro do mural da castañeira, con Cris, Pilar e Sita, e logo fomos pasando todos os demais grupos. A Alba e máis a min tocounos pegar macarróns no chan. Sara
Os de 4 anos rematárono e cantaron ó redor do mural. O mural quedou moi bonito. Alba
No seguinte espacio xogamos, cando nos tocou, con Roberto e Guillermo: a encestar a castaña, a buscala cos ollos pechados e a andar levándoa nunha culler. Alba
No seguinte espacio estaba o circuito que preparou Quique e o atenderon Mariluz, Sabela e Oscar con 2 xogos máis. O que máis nos gustou foi o circuito. Xeila
Os maiores pasábamos con zancos ó redor das cordas e os pequenos pisábanas pero sen zancos.
No circuito había 2 vermes... Son moi divertidos. Mateo

Outro xogo era o de: Ai Alba a quen lle pola castaña, ai Alba quen irá tras de ti... Alba
E outro, o dos relevos de castaña que tamén nos gustou moito. Sara
No esceario facíanse 3 cousas tamén, con Mercedes, Elisa e Quique: o 3 en raia, os bolos de espuma e lanza-aros que nos gustaron moito. Alba
Fixemos tamén exposición de caveiras e farois das escolas. Alba
As castañas asadas do magosto...
Todos estamos mesturados cos nenos e nenas das demais escolas do CRA. Alba
Os papaventos que deu a Diputación ó CRA, pola semá das ciencias en galego, estreáronse no recreo... Cris, a directora, e Robeto, o profesor de música, voaron o papaventos máis grande e logo axudou Óscar, o profe de relixión. Alba
E os maiores de Vilaboa e Cris intentaron voar o pequeno. Alba
Os nosos amigos de Vilaboa tamén estiveron, claro...

O día 18 remataron as súas bolsas de outono as de 3 anos... Sara
Celebramos o cumpre de Mateo o día 19 pero el cumpreu o 20. Elixeu 4 nenas para aguantarlle as 4 candeas, porque cumpreu 4 anos...! Sara
Poñemos, de mostra, algúns dos debuxos que lle fixemos como agasallo, e o que se fixo el... Sara
O día 24 xeou e ó mediodía aínda se vían 2 morangos (fresas) moi xeados pero o día estaba bon. Mateo
No recreo saímos a buscar máis follas de árbores para os murais de tipos follas... Xeila
O día 25, pola tarde, tivemos unha grande, grande sorpresa... Veu Hugo a visitarnos e foi unha festa!!! Todos a redor, e el durmia e tan tranquilo... Xeila
Marta, Sabela e Dana están moi felices!!!! Xeila

O día 26 cando chegamos había nubes negras pero no recreo mellorara moito e aproveitamos...
O día 29 xeou máis ca o día 24, o chan estaba todo branco... Alba
Esta auga está totalmente conxelada, mesmo no recreo... Alba
Xogamos co peón pero aínda estamos aprendendo... Alba
Estamos rematando as cartas para a escola de Vilaboa, seguimos cos murais de tipos de follas, estamos empezando as bonecas de mazarocas e os centros de Nadal, etc.

No hay comentarios: