miércoles, 3 de noviembre de 2010

A SEMÁ DA CIENCIA EN GALEGO E O 4 DE NOVEMBRO 2010

Na escola de Lago, con Sabela, a titora, fixemos moitas cousas. Todo o tempo desa semá, e mesmo xa empezamos a preparar algo a semá anterior. Pero non nos quedou moito tempo para ir escribindo no blogue, que facemos tamén con ela, nin a subir todas as fotos, así que nos levou varios días.
Nós estamos asomándonos á ciencia. Sara
O papel di: Os días da ciencia: en galego.

Cadrou que nos tocou facer a estatística do tempo do mes de outubro.
Das observacións de outubro
fixemos os cálculos.
Ademais preparamos varias actividades... Sara
Unha das cousas que fixemos son papaventos. Neste hai que facer un cadrado dun rectángulo... decoralo en simetría...
de 3 anos
De 4 anos
De 5 anos
Aproveitando as cabazas que nos sobraron de facer as caveiras do Samaín, o día 3 ordenámolas por tamaños, de menor a maior, buscar a que está no medio, cal é a mitade da distancia que ocupan, ilas recollendo por ordes como: colle a nº 2 da dereita, etc, ás de 3 anos apoiounas Mariluz...
Ós de catro tamén nos costou atopar a cabaza que está no medio, despistábanos o feito de que unhas foran máis grandes cas outras...
Como temos 2 parellas dificiles de colocar por ser de tamaño parecido, pero unha un pouco máis alta e outra máis baixa pero algo máis voluminosa... as maiores empezamos de maior a menor pero tendo en conta o peso ó collelas...
ademais de comprobalo pesándoas e... pesa un pouquichiño máis a laranxa
Como algunhas pesaban máis dun kg tivemos que pesalas cunha romana. Pesaba máis a cabaza laranxa e Alba e máis eu pensábamos que pesaba máis a verde. Hai que comprobar todo, di Sabela sempre! Sara
E destas 3 a cidra é a que pesaba máis...
Ordenadas polo peso e incluimos a última cabaza que nos naceu...
Tamén pesamos castañas, sobre todo as 3 pequenas. Sara
e fomos pesando plátanos e vendo como ía aumentando o peso. Tamén comprobamos coa etiqueta de compra se viñan ben pesados os 7 plátanos, e viñan moi ben pesados...! Alba
O día 4 rematamos os preparativos e... xogamos cos papaventos de cartucho pero, fixemos as rutinas de poñer a data e o que estamos a facer: na pizarra, no do tempo da entrada, no ordenador..., antes de nada.
Cos papaventos corremos para un lado e para outro, sen parar... para velos voar e pasámolo moi ben. Alba


Cos muíños de vento, que tamén fixemos, tamén disfrutamos moito... Alba
Co papavento de tetraedro que fixemos entre os medianos e os maiores...

Martín, o pai de Antía, o voaba máis alto...
Coas primeiras zoadeiras, con botón pequeno. Martín nos dixo que en Outes, onde el se criou, lle chamaba funcóns... Pola tarde practicaron as nais e logo facíano moi ben.
Rematamos as contas do mural das mans... Contamos de varios xeitos.O día 5 seguimos traballando no tema e fixemos novas zoadeiras, con botóns máis grandes. Cando veu Óscar fíxonos unha demostración porque el, de pequeno, tamén xogou con elas...
Aproveitamos a facer problemas sobre as castañas dos colares de zonchos que fixemos o venres pasado...
Así quedou...
Volvimos a xogar cos muíños e papaventos (que hoxe levaremos para casa) e co de tetraedros (que queda na escola) xa atopamos o xeito de aproveitar de onde viña o ár para que nos subira máis...
Fixemos un experimento curioso co lume e o ár: metimos unha candea acesa nun tarro, logo dun ratiño pechábamos o tarro e apagábase e volta a probar e sempre igual, entón xa non debía ser casualidade... probamos con tarros máis grandes e sempre se apagaba. Logo collimos unha caixa que tapamos cun plástico e queimouno, fixo un furado e non se apagou, pero puxemos un plástico máis forte e non se queimou pero apagouse a candea... seguiremos contando.

Esta primeira semá da ciencia en galego está adicada a 3 científicos e os 3 teñen o seu nome nun cráter da lúa, según vimos en Internet.
Ramón María Aller Ulloa era galego, de Lalín, alí puxéronlle unha estátua. El fixo o primeiro observatorio de Galicia para estudar as estrelas, a lúa, o sol... Falaba 10 idiomas, carai que listo!!! Mateo

Saber de el motivounos a mirar, nun planisferio de Internet, as constelacións e un día de noite imos buscar Orión, a Osa Maior e a Osa Menor. Tamén nos contou Sabela lendas da Via Láctea.
Alfonso X (décimo), o Sabio, foi un rei de Castela-León que tamén sabía o galego e escribeu moi boas poesías no noso idioma, era do tempo de Fernando de Esquío, o poeta da nosa zona, do que aprendimos "A las aves, meu amigo" o curso pasado. Xeila

Limos "Ben veñas, Maio,..." do rei Afonso. Alba

Ademais chambánlle O Sabio porque sabía moíto e apoiou a cultura e a ciencia na Europa da súa época e por iso iniciouse o renacemento científico... Sara
Maxwell, de Escocia, demostrou cousas importantes entre os imáns e a electricidade.
Por el estivemos experimentando cos imáns. Os imáns parecen facer maxia ... pero non, é ciencia. Sara

Cos papaventos que nos agasallou a Deputación, por participar nesta celebración, aínda non poidemos xogar pero farémolo aínda que son algo dificiles de manexar para nós...

1 comentario:

luísa dijo...

Moitos parabéns polo voso magnífico traballo e polo que gozastes da ciencia en galego. As zoadeiras quedaron ben bonitas, e as mensaxes de reutilización...todo, emocionante.