martes, 14 de junio de 2011

LAGO, XUÑO 2- 2011


O noso liño medra pouco pero o que lle dimos a avoa de Mateo para semantar na súa horta está 4 veces máis grande, e mesmo tiña 2 flores o día 9. Ela nunca vira o liño e fíxolle ilusión vela planta pois lembra de pequena que había pezas de liño na súa casa...
Alba, Xeila e Candela, 1 de cada nivel, fixeron o día 13 o biscoito e esta vez meteron noces...
Xa temos pintadas as raias para xogar á chapa... Que ben!!! Tamén saltamos á corda pero non temos fotos...
O día 13, no recreo viñeron a visitar a Sabela unha exalumna que ven de casar, e os seus pais, e Natalia quixo vir con nós á radio pola tarde, que nos tocaba o 5º programa.
O día 14 xa morreran todas as bolboretas da escola e quedáronnos todos estes ovos pero hai nenas que levaron eirugas para casa e aída non lles remataron de nacer algunhas bolboretas, porque as súas eirugas naceron máis tarde ...
Na clase de música dimos un repaso das cantigas do ano que nos ensinou Roberto porque é o último día de clase de música.
O 14 pola tarde ensaiamos con Martín á zanfona, 2 cantigas que imos cantar con el no festival.
O día 14 xa tíñamos rematados os debuxos para o cumpre de Xeila, pero non llos entregamos ata o último día porque ela cumpre en xullo. Ese día tamén llo imos celebrar. Alba

Ese día imos cantarlle unha nova cantiga de cumpreanos, a cantiga Mexicana: Estas son las mañanitas..., ademais das que cantamos sempre.

Rematando os ovos que se soplaron por Pascua. E flores de cera de abella.
Exemplo de textos libres de Sara...
a parte de atrás...
Exemplos de textos libres de Alba...

Exemplo de traballo na pizarra dixital, do día 15
Bolsos
e marcadores de cera de exalumnas.
O 16 despedímonos de Oscar e Mariluz deunos os cadernos tamén.
Pola tarde fomos invitados a facer un obradoiro de cociña no Restaurante "O Castro" de Pantín. Veu tamén Gabriel un neno que se matriculou ese día para o próximo curso. Mateo non poido vir e Gabriel usou o seu gorro...
Todo estaba preparado para a autonomía das nenas e neno... Mentras quedou a levedar a masa dos boliños houbo, xogo, merenda, cantigas...
Velos animais e a paisaxe...
Logo de levedar: a facer os boliños e pintalos con ovo...
Graciñas mil Nuria e Eduardo!!!! Foi unha tarde super estupenda!
Fotos de Mónica:

O día 17 fomos co CRA ó parque eólico de Sotavento, en Xermade, Lugo, perto das Pontes de García Rodríguez... Lago foi no bus cos da Carreira.
Quedaron cos monitores dese parque mentres os profes do CRA visitaron, alí mesmo, unha casa bioenerxética.
A media mañá a parva...
E volta coas actividades... A facer muíños de vento... Como choveu, todo foi no recinto.
A iniciar os muíños!
Aproveitando que estivemos xuntos fixemos as fotos cos de Vilaboa. Cada un co neno ou nena co que se escribeu. Candela con Anxo, Antía con Martín e Yasmín con Manuel.
Mateo con Iván e Carlos e Xeila con Nerea.
Alba con Raúl só, porque hoxe non veu Dani xa que rompeu a clavícula estes días pasados, e Sara con Marta e Cristian.
Para casa foron todos contentos cos folletos e os muíños de vento...
O liño empezou a florear...
O luns chegou a cerámica que nos coceu Cerámicas do Castro, unha xa rematada, é decir coas 2 coceduras, con traballos de hai 2 cursos de nenos-as que hoxe son exalumnos.
E outra do curso pasado, que hai que pintar e volver a cocer... Graciñas mil!!!!
O luns día 20, pola tarde, fíxose unha parte do festival. A obra de teatro cos globos, cantigas acompañados da zanfona.
Unha obra de monicreques, cantigas, o cumpre de Xeila, a merendola cos boliños feitos no Castro...
Aproveitando que xa chegou a cerámica entregáronse agasallos á xente que nos axudou máis expresamente... Velaí algúns...
O día 21 en tren a Cabanas, con todo o CRA.


O 22 facendo os cadernos...
Cantando unha de inglés...
Rematando cousas
Iniciando teares...
O mural da primavera...
Pintando cerámica...

A cerámica que queda para agasallos, a que se pegou e soltou... e pintando a última que veu só bizcoitada.
Personaxes do conto "O Belo Durminte"






Así está o liño...
As loitas das familias: O 22 comunicaron que a escola pechaba...
O 27 foi un programa dos pais-nais.
E o 28... a escola sigue...

1 comentario:

Montse dijo...

Simplemente maravilloso!!!! Ojalá mi hija tuviese una escuela así por aquí; cerca de Roupar o As Pontes. Para el año empieza el cole y todavía no sé en que escuela apuntarla. Si la vuestra quedase más cerca... no lo dudaría ni un segundo.