viernes, 14 de mayo de 2010

Cousas Rematadas 1

Hoxe, 14-maio-2010, estamos rematando o conto viaxeiro e estamos a contar algo para vos: rematamos os teares con debuxos que fixemos os de 5 anos e agasallámosllos ás nosas nais.
Andrea


As de 4 anos remataron os seus zurróns, feitos no tear, xa hai unha boa tempada porque son lisos e son máis doados de facer.
Paula
Os de 3 anos remataron as súas bonecas de mazarocas de maínzo e xa hai tempo que as teñen na casa...
David


Os de 3 e 4 anos fixeron cadros de tea, cosidos e bordados por cada un e agasalláronllos ás nais.
Laura
Fixemos auga de colonia de xacinto e lavanda e fixemos bolsas, para garda-los tarros, cunha delicatoria en braille. Tamén fixemos broches de forma de flor.
Sabela L.R.



Os agasallos os levamos empaquetados... este é o do pai...
Cada un fixo un debuxo como quixo pero fixemos plantillas para os pétalos e usamos o calco para as cousas simétricas...
Fixemos pelegríns de goma Eva.
Peregrinos vestidos como íamos nós e perfumadores de lavanda...

No hay comentarios: