O día 5 de maio fomos visitar o porto de Ferrol e Yoli subeu con nós e Sabela. No bus xa viña Lorena, a miña madriña, cos de Vilaboa e Vilarrube porque fai as prácticas no porto e foi a buscar a todos os deste bus. Deunos a todos biseiras e todos tan contentos!
Laura

Despois de facer un percorrido polo porto, no bus, baixamos a ver unha exposición sobre faros...
Paula

Ignacio explicounoa moitas cousas

Nós xa visitáramos o faro da Frouxeira, que está preto da nosa escola e dá 5 destellos seguidos para orientar ós barcos. Mercedes é a fareira.
David

Logo volvimos a subir no bus e fomos ó Centro de Control do porto de Ferrol e tiñan moitos ordenadores para saber todo sobre os barcos que entran e o que pasa no porto.

Despois leváronnos en lancha e é o que máis nos gustou, pasámolo moi ben, moi ben... Todos foron moi bons con nós.
Sabela

Na ría vimos moitas cousas interesantes desde a lancha e gustáronnos moito os castelos.
Andrea

Ó baixar da lancha fixéronnos fotos a todos xuntos coa policía portuaria. Unha desas fotos saíu nos xornais.
Laura

Logo leváronnos ó porto exterior e alí invitáronnos a comer: noces, améndoas, abelás... patacas, auga, pan, etc... Algúns comeron tanto que xa non comeron na casa.
Paula

Fixéronnos fotos a todos xuntos, coas profes e Quique.
Sara

Rosy fíxonos fotos según íamos baixando todas as escolas...
Alba

Imos baixando para o bus...
Xeila

E viñemos de volta, todos contentos! Fotos de Rosy
Mateo
No hay comentarios:
Publicar un comentario