viernes, 28 de mayo de 2010

LETRAS GALEGAS NO CRA, 21-5-2010

Os de 3 anos empezamos o Maio.
Xeila
Xeila chorou ó chegar...
Mateo Os de 5 anos do CRA fixemos un mural de Maio e os de primaria fixeron un mural das Letras Galegas.
David Entre os de 3 e 4 anos do CRA fixemos un Maio grande. Quedou moi bonito.
Alba Alba e máis eu pasámolo moi ben facendo o Maio. Nós sabemos varias cantigas do Maio.
Sara Despois de comer, e do recreo, vimos, no auditorio, unha obra de teatro dos de Vilarrube pero tamén actuaron Rosy de pulga e Quique de gato. Gustounos moito. Despois vimos o conto viaxeiro en pantalla grande...
David Fora, diante do Maio que fixeron entre os de 3 e 4 anos de todo o CRA, recitamos todas as escolas. Cando nos tocou, recitamos unha das poesías que aprendimos de Uxío Novoneyra.
Sabela L.R.Recitamos esta, que nos gusta moito:

Canta a fontiña

canta a fontela

i anque a canción é dela

ten unha cousa miña

pola que poido entendela.

Laura

No hay comentarios: