jueves, 20 de mayo de 2010

A excursión do 13-4-2010

Saímos de Lago con María, Yoli e Quique, ademais de Sabela, que está facéndonos a foto... Logo veu o bus cos de Vilaboa e Vilarrube. Os de Taraza e a Carreira foron ó día seguinte.
Sabela L.R. En Mougá fixemos 2 obradoiros e contamos o de fabricar papel porque o outro contárono xa os peques da Carreira.
Tiñan papel verde para reciclar e troceámolo en cachos pequenos.
Laura O papel troceado hai que batilo en auga, cunha batidora, para desfacelo ben. Patricia dirixeunos pero na nosa escola xa fabricamos papel o curso pasado, só que era gris porque troceamos papel de xornal.
Paula Metimos un marco, con rexilla, dentro da papilla... levantámolo e viña cuberto de pasta de papel... o marco emborcámolo nunha folla de xornal e colocamos debuxos para adornalo.
David O papel rematado dedicámollo ás mamás, pero tivo que secar antes. Cando o fabricamos os debuxos quedaron pegados sen necesitar pegamento.
Andrea
Despois fomos ó estadio do equipo do Racing de Ferrol e na portería fixemos unha foto.
Sara
Estamos cos de Vilaboa e os de Vilarrube. Fomos con eles no bus. Nós estamos á esquerda.
Alba

2 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Cando quedamos para xogar un partido?

escola de Lago dijo...

contestamos da escola de Lago:
Na pista, nun recreo... Paréceche?