miércoles, 26 de mayo de 2010

APRENDEMOS BRAILLE

Tódolos anos traballo o braille na escola desde que en Pantín tiven unha fermosísima experiencia cunha nena cega e o aprendimos todos. Descubrín que é un código interesantísimo, en moitos aspectos, para traballar coas nenas e nenos. O curso pasado tamén se interesou neste traballo a nosa profe de apoio, Maribel Tomé e neste curso o fixo María, quen ademais lle poido dedicar máis tempo pois nos veu máis horas de apoio. Como, por riba, esta vez poidemos ter a máquina Perkins na escola, e case un mes, a experiencia poido ser moito máis rica que o curso pasado.

Sabela Díaz Regueiro, titora.

O braille é un sistema de comunicación para nenos cegos; básase na combinación de 6 puntos en relevo, dispostos nun caxetín, formando 2 bandas paralelas e verticais de 3 puntos cada unha. Son 64 as combinacións posibles, que permiten representar números, letras, vocais, vocais acentúadas e signos de puntuación. Pódese facer a man ou con máquina (Perkins).

Este traballo levámolo a cabo, con nenos de 3, 4 e 5 anos videntes. Este sirveunos para reforzar aprendizaxes: na lectoescritura (dictado e escritura de frases, palabras, nomes propios, fechas, vocabulario, abecedario, asociación fonema- grafema...); no cálculo (coñecer a orde e posición dos números ata 6); en expresión plástica (utilizamos materiais en relevo); atención; estructuración e organización das diferentes posicións no espazo; lateralidade... Como mestra de Pedagoxía terapéutica, a experiencia foi moi satifactoria. Ésta sirveume para coñecer a posta en práctica deste sistema, e entender que este require dun aprendizaxe, que ó igual que a lectoescritura en tinta pódese traballar de forma lúdica.

.María Xosé Lorenzo Vilas (mestra de apoio do C.R.A "O Esquío" de Valdoviño). Empezamos xogando coas oveiras. Mateo
Para aprender as posicións do código braille.
Sara Para escomenzar usamos material variado de refugallo... para practicar as posicións.
David Os de 3 anos empezamos así... Xeila
Cada vez, despois de traballar coas oveiras, facíamos frases así...
Alba Fixemos varios traballos como este meu.
Sara
En abril, os da ONCE de Ferrol prestáronnos, unhas semáns, unha máquina para escribir, de verdade, os puntos de braille e que se noten cos dedos. Algún día axudounos tamén Yoli. Paula Como ía ser o día da nai aproveitamos a facerlles un agasallo en braille e cos debuxos en relevo.
Alba
Van algús exemplos dos de 3, 4 e 5 anos.
Laura


Nestas páxinas contamos algo dos agasallos que lles fixéramos ós papás, en marzo.
Paula


Con María cada un de nós fixo unha páxina contando cousas da escola pero denantes de que nos prestaran a máquina os de 5 anos facíamolo en cuadrícula, con cruces, como este exemplo de Laura.
Sabela L.R.
Exemplos de 5, 4 e 3 anos:


Este curso fixemos moito Braille con María porque nos apoiou moitas horas.
Laura

Os de 3 anos colocan as posicións de cada letra na oveira e así oriéntanse millor para colocar os dedos na máquina Perkins.
David Esta é a resposta ó comentario-pregunta que fixeron Dana e Sabela e que a mesma Sabela L.´R. preparou na escola...
a 8-6-10 pero ten algunha falta... a ver se a atopades porque no segundo texto, do día 9, xa está ben...

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Gustaríame saber como se escribe en braille Hugo e Candela?

Anónimo dijo...

Encantame o traballo que estades facendo co Braille e todo o que aprendíxedes!!