martes, 25 de mayo de 2010

As eirugas da seda


Un ano máis veu o período de cría das eirugas da seda...
O día 20 de maio empezou a facer o seu casulo xa a primeira das nosas eirugas. Na foto vese preparando a borra para sostelo.
Paula
A min gústanme moito as eirugas...
Mateo
Nacéronnos moitas eirugas. Alba, Sara, Laura, Xeila e máis eu levamos tamén para casa. Sabela, a profe, tráenos as follas de moreira de Ferrol.
David
O ano pasado plantamos no parque da escola unha moreira pero como aínda é pequena non poidemos coller máis ca unhas poucas follas...
Sabela L.R.
Dímoslle eirugas tamén a María, a profe de apoio, e a Rosy, a directora, quen reparteu cos pequenos da escola da Carreira... porque ós maiores xa lles díramos denantes... Pero... aínda nos siguen nacendo eirugas porque tíñamos motísimos ovos...!!! As eirugas que debuxei eu... Mateo, 3 anos
Entre sábado e domingo (días 22 e 23) montóns de eirugas fixeron o seu casulo
Sabela L.R.Onte, día 24, quedaban estos por facer o casulo. Laura Hoxe, día 25 de maio, temos así a última caixa das eirugas grandes: vense algúns facendo o casulo.
Alba A un deles non lle deixamos facer o casulo para velo transformarse... E así estaba o día 28 de maio...

E así estaba o 31 de maio, xa perdera as patas de todo, todo... e a pel transformouse...
así estaba polo outro lado... É o mesmo que pasa dentro do casulo...
E así sigue a 7-6-2010...
Pero hoxe houbo unha novidade... a eiruga que fixo o casulo o día 20 de maio saíu esta mañá, e estamos a7-xuño-10... E así estaba á media hora de sair...
o día 9 de xuño saíu a segunda, que estaba no casulo desde o 21 de maio... Ó cuarto de hora desta foto xa tiña as azas abertas... Esta parece unha femia pois é máis grande que a anterior...
Ó final da mañá aproximáranse pero todavía non se emparellaran... e non o fixeron porque eran 2 machos. Hoxe, o día 11, naceu unha femia e ó ratiño xa estaba copulando cun dos machos... a que esta si que se ve moi, moi grande...?
O día 13 saíron moitas á vez... entre as 7 e media e 8 e media da mañá, como todas as deste ano... Saen coas azas pegadas e vanas desplegando todas do mesmo xeito... Un casulo está cortado para que se vexa que dentro ten a pel que envolve á avelaíña... sae dela e do casulo a un tempo... Son das que empezaron a facer o casulo o 21 de maio...
Vemos como están apareadas, a día 13, varias parellas e como unha femia xa puxo ovos que esperarán á próxima primavera para que se repita o ciclo...
O día 14 saíron tamén cedo, antes de que chegaran as nenas e nenos... Son do 22 de maio...



Así está a día 15 e vemos como a camiseta externa aparece dentro dos casulos tamén...
Por fin o día 15 vimos saír..., sempre o facían xusto antes de chegar nós...
Vedes... pois fixeron o casulo o 23 de maio...
e remata de saír... O día 16 naceron máis, xa temos moitísísimas!!!
O día 18 de xuño xa morreran as 4 primeiras avelaíñas. E logo van ir indo as demais.
Os ovos que foron poñendo foron pasando do amarelo, ó marrón claro e logo a marrón escuro. A 22 de xuño estaba así esta caixa.
Eiquí sigue pendente de sair a que quedou sen casulo, xa moito máis pequena e vemos a 3 que malograron o seu proceso malia a estar dentro do casulo.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Os vermes que están na Carreira tamén xa están todos no capullo, cantos días pensades que tardarán en sair?

Escola de Lago dijo...

Resposta da escola de Lago:
Hoxe, 7 de xuño, xa podemos dárvola resposta sen consultar os datos do curso pasado... Coincideu que nos saíu a bolboreta do casulo do día 20 de maio... a primeira deste curso... Pero miramos tamén os datos e tardan unhas 2 semáns...
Como van as vosas eirugas?

escolacarreira@gmail.com dijo...

estivemos vendo as vosas fotos, e nos gustaron moito quedamos alucinados. Ahora nos toca esperar a que as nosas eirugas se transformen, cando esto suceda tamén colgaremos fotos, Un saúdo de todolos nen@s da Carreira