viernes, 14 de mayo de 2010

Ovos de Pascua

Tódolos anos soplamos ovos por Pascua (ademais de buscar os ovos polo xardín traídos pola campá que os trae de Roma (estilo francés) ou traidos polo Coello de Pascua
(non sabemos como se apaña, pero Andrea é a que máis atopa todos os anos...!) mais este ano Estefanía ensinounos a face-lo Ramo de Pascua ó estilo alemán...
1º soplámo-los ovos...
Despois pintámolos...
Logo colgámolos...
O xa o Ramo recén feito...
O ramo, cos días, foi sacando follas...


Finalmente con algúns ovos fixemos flores: teñen pétalos e sépalos e no polen están bolboretas de diseño propio pero perfectamente simétricas por ambos lados... eh!! E cos que nos quedan faremos outra cousa. E velahí as novas flores, de oveiras e con cabaliños do diaño e xoaniñas... Estas son para Estefanía, cos ovos que pintara ela...

1 comentario:

Anónimo dijo...

Moi fermoso o ramo, e moi orixinais as flores!