miércoles, 26 de mayo de 2010

De cociñeiras e cociñeiros co forno novo: facemos galletas

Para estrenar o blogue, as nenas e nenos da escola de Vilarrube decidimos empezar por unha das actividades que máis nos gustou este curso: facer galletas.
Todo empezou coa compra do forno, e tamen polos froitos do outono que daquelas tiñamos na clase. Asique fixemos uns gorros de cociña e mans á obra!


Estes son os ingredientes: fariña, auga, margarina, azucar moreno e abelás
Preparación. Paula pesando a fariña
Fabián pesando a margarina
Pesando o azucre
Martina e Raúl apuntando os ingredientes mentras a masa repousa
Bruno, Paula e Yago escribindo a elaboración
Yago e Andrea coas mans na masa
Andrea e Martina amasando e dando forma
Xa casi están! Degustando as galletas... Logo acordeime de que a foto quedaria mellor cos gorros de cociña postos, e entre que os collin e os puxeron para a seguinte foto... Xa non quedaba ningunha galleta no prato!!! Que lambóns!!!
Ás mamás tamen lles gustou a receita, asique pedironme que llela apuntara, e como eu son moi pedichona, mandamos a receta das galletas á casa para que cada un a puidera copiar e a acambio tiñan que traer outra receita de postres; e así xurdiu a idea de facer un libro de receitas que nos quedou chulísimo!
Gracias a todas e todos por participar!!!



























































3 comentarios:

Anónimo dijo...

Que guapos de cociñeiros, e que boa pinta as galletas de avelás, dan ganas de probalas, podíades subir a receita, que vos parece?

Anónimo dijo...

Parece boa idea a de subir esa receta, vexo a Arguiñano todolos días e as suas comidas non teñen tan boa pinta coma as vosas galletas, ¡¡¡¡ enhoraboa!!!!! ( unha nai de Lago)

Escola de Vilarrube dijo...

Moitas gracias, a verdade e que estaban boísimas!!!
A redceta é a seguinte:
Ingredientes:
- 200gr de fariña
- 80 gr de azúcar moreno
- 20 gr de azúcar blanco
- 150 gr de mantequilla
- agua
- avellanas (se queredes)

Preparación:
Mezcla nun bol a fariña, a mantequilla o azúcar, un chupito de auga e avellanas. Deixanse reposar 1 hr na nevera.(ou o fresco).
Danse o forma ás galletas.
co forno quente, metemos as galletas no forno a 200º durante 20 minutos.

Ós nenos e nenas de Vilaboa, temen lles pareceron ricas porque lles pasmos a receita e o forno e hoxe ian probar a facelas!

Se as facedes, que vos saian moi ben!!!

As nenas e nenos da escola de Vilarrube