miércoles, 5 de mayo de 2010

Imos o Porto de Ferrol!

Moi contentos e moi nerviosos puxémonos camiño de Ferrol, camiño do porto para levar a cabo unha saída moi esperada, sobre todo polo paseo en barco que tantas gañas nos espertaba. Así íamos no autobús... e empezamos a excursión!!!








Comezamos a visita no porto interior na torre de control da policía portuaria. Alí un policía explicounos como traballaban, como controlaban o porto a través das distintas cámaras, amosounos as imaxes na pantalla, empregan un zoom que permite ata leer as matrículas dos coches ou camións que esten no porto, o control das portas...




Estivemos na Sala de Exposicións do Porto Interior na que vimos unha exposición de faros e un guía explicounos as partes do faro e tamén nos falou dos faros de Galicia e en concreto do faro que temos en Meirás.







E chegou a hora do que máis gañas tíñamos: montar no barco!!!!!!!
Fomos pola ría de Ferrol cunha guía que nos ía contando moitas cousas sobre o que íamos vendo: sobre os castelos que vimos, a natureza, o porto interior e exterior...




















Aínda que non era nada perigoso o paseo en barco por seguridade detrás do barco seguíanos unha patrulla da policía portuaria cun buzo. Pero o único que tivo que rescatar do mar foi a gorra de Sabela que co vento caeulle á auga.



Amosámosvos algunha das vistas desde o barco: Castelo de San Felipe, Porto Exterior...







No barco íamos na parte de arriba e ó final tíñamos algo de frío e decidimos ir para a parte de abaixo e ir máis quentiños:







Despois do paseo en barco entrounos a fame e no porto exterior tíñannos preparada unha gran merenda: noces, patacas fritas, pan, améndoas... puxémonos as botas. Cando íamos no autobús cara o porto exterior vimos como cargaban e descargaban o carbón e sorprendeunos o fume que botaba.




Foto final dos nenos e nenas da Carreira cas profes e volta para a casa

1 comentario:

Unknown dijo...

Hola es la primera vez que entro en el blog y estoy muy feliz de ver lo que estais haciendo con los alumnos y como padre de dos niñas estoy muy contento.
Un saludo y a seguir asi que lo estaís haciendo muy bien.