viernes, 11 de junio de 2010

As actividades dos luns


Os luns, temos a Quique de apoio na escola, asique aproveitamos e normalmente argallamos algunha actividade, na que sempre o pasamos xenial... Ahí vos van algunha delas:


CARREIRAS DE MOTOS

Celebramos o GP de Vilarrube 2010, no que houbo varios gañadores, e tamen participamos os profes, pero que pena, non hai fotos...Gran premio de Vilarrube


preparados para sair





VISITAMOS O MUÍÑO E FIXEMOS PAN


Dentro do proxecto Terra, traballamos as sementes cando comezou a primavera. Entre as cousas que chegaron a clase para traballar había trigo; polo que despois de plantalo e observar o seu crecemento, indagamos máis sobre o asunto; ata chegar da espiga ó gran, e do gran á fariña. Cas mamás fomos visitar un muíño que temos cerca da escola; o de Manolita, que nos deixou ver o seu muiño electrico. Moitas gracias ás mamás pola colaboración, e tamen a Manolita, que se portou moi ben connosco.

Puidemos ver tamén a moa e como sae a fariña

Tamen nos deixou peneirar




E regalounos unha bolsa de fariña, que por suposto aproveitamos na clase para feclo pan, que ten os seguintes ingredientes:


- Fariña

- Auga

- Sal

- levadura

Hai que deizar repousar a masa unha hora e xa esta lista para facer o pan:
Aqui andamos coas mans na masa





Facendo formas


Aqui estan os boliños e barras que fixemos





VISITAMOS O PASEO DOS NAMORADOS


Temos un paseo moi bonito xusto detrás da escola que se chama "O paseo dos namorados", e o que xa fomos pasear en outono e inverno. Pese a que hai moitas historias e lendas sobre este paseo, nos non vimos ningún gnomo, nin trasto...



Comezando o paseo, como vedes as vistas prometen...


Un cruceiro




Temos unhas vistas espectaculares

PINTAMOS COS PÉS

Fixemos un mural sobre a primavera pintando cos pes mentras escoitabamos "los animales en la música clásica". Empezando a pintar Case co mural acabado Cando rematamos




E este é o resultado:


Despois de lavar e secar os pes, unhas masaxes con crema de aloe vera... primeiro nos pes, pero logo gustounos e seguimos polas mans e as pernas, e porque xa era hora de merendar que se non...


Os luns ó mellor día da semana, gracias Quique por participar en todo esto, e tan ben!!!


























1 comentario:

escola de Lago dijo...

Sómolas nenas e nenos da escola de Lago... Sabela L. R,
Gústannos moito os vosos gorros de cociñeiros... Laura
O xoves, pola tarde, imos ir á capela da Fame e ó voso paseo dos namorados... Andrea
Mola moito pintar cos pés... Querémolo facer... David
Gustounos tamén a vosa carreira... Nós pasámolo moi ben coas motos e patinete que nos díchedes...Paula