viernes, 18 de junio de 2010

O DÍA 17 DE XUÑO


Hoxe tivemos unha visita moi, moi, moi especial: veu Marta, a nena de Eva... nola trouxo o pai da nena... Nós tíñamoslle un agasallo gardado desde hai meses, para cando viñera...
É unha nena preciosa e moi sorrinte... Encantounos vela.
Pero Eva tamén nos deu unha sorpresa: fíxonos 2 queiques e trouxo kinders, cominos niso 2 días... Graciñas Eva...
Pola tarde fomos de excursión... primeiro estivemos no encoro das Forcadas...
Logo estivemos na capela da Fame, que xa ten máis de 4 séculos, 4 de cen, pese a estar recebada... E chámase así porque os peregrinos soían parar eiquí para comer.. Fora e dentro ten gravuradas cruces de S. Xoán porque os cabaleiros da orde de S. Xoán eran os que protexían o camiño de peregrinación de Santo André, por iso as hai tamén na eirexa do Bon Xesús de Meirás e de Santa Margarida do Val, que son da mesma época...
Ten un retablo moi curioso, da mesma época que o edificio, é de granito pintado, dise policromado... ten un sol e unha lúa e os dos medallóns con cara a xente di que representan a fame e a preguiza...
José, de Liñeiro, abreunos a capela
Despois ensinounos o pazo de Liñeiro, onde vive el e díxonos que tiña máis de 5 centos anos... e que os escudos que tiña leváronos ó pazo de Vilarrube.
A fonte do pazo grande de Liñeiro...
Logo pasamos pola escola de Vilarrube para ir...
ó paseo dos namorados...

que ten unhas vistas moi, moi bonitas á praia de Vilarrube... á esquerda está Pantín e á dereita Cedeira.
Nese paseo, Cris, a nai de Alba, ensinounos un covo de raposo e as pegadas...


No hay comentarios: