martes, 22 de junio de 2010

O 22 DE XUÑO

Rematou o curso e pasaron 3 estacións... No outono fixemos un mural con árbores feitos cos nosos brazos e mans, cada un escolleu un sitio e unha árbore concreta... No mural vense as anduriñas que se van, a chuvia, as árbores caducas e as perennes e os animais que se agochan para pasar o inverno.
No inverno volvimos a facer as mesmas árbores pero con fotos retalladas... e con restos de neve porque nos facía iluxión... xa que non nevou...
Na primavera debuxamos as mesmas árbores e voltaron as anduriñas, e sairon os animais que se agocharon... e as caducas sacaron as follas de novo. O campo sacou herba e margaridas, etc...
Hoxe foi fin de curso e fixemos algo especial... un experimento que semellaba a erupción dun volcán...
Era como se correra a lava...
Usamos bicarbonato, colorante vermello e vinagre... nunha botella de plástico.
botamos vinagre varias veces porque era divertido ver subir o volcán...

Despois de rematar e recoller todo o de cada un, e da festa, tocounos ós medianos e pequenos ir a Ferrol con Sabela. E pola tarde fumos ó museo da natureza. Contamos algo do que non contaron os maiores... Teñen unha cría de lura xigante, viven nas profundidades dos mares, máis abaixo de onde van os submarinos...
Mirade que tabeirón tan raro...
Poñemos o esquelete de raposo porque hai uns días vimos un covo e as pegadas dun, en Vilarrube.
E mirade as pegadas de dinosaurios...
vimos e tocamos peles de animais, esta é dunha foca.
Despois fomos ó parque de Amboaxe.

Logo de merendar fomos ó taller de José Polo.
Mirade a praia de Valdoviño!
Foi moi garimoso con nós.
Despois xogamos no parque do Inferniño.

No hay comentarios: