lunes, 7 de junio de 2010

COÑECENDO O NOSO MEDIO, TAMÉN EN SAÍDAS DOS XOVES POLAS TARDES

Empezamos en setembro e outubro e continuamos en xuño... De todas elas fixemos traballos especiais...

Visita á piscifactoría de Isidro da Cal, en Meirás o 15-9-10. O que máis nos gustou foi mirar polo microscopio e tocar o Rodaballo... Despois visitamos a eirexa do Bon Xesús, Meirás, da época da Capela da Fame de Vilaboa-Vilarrube, que está no camiño de peregrinación de Santo André de Teixido.
Laura
O 25 de setembro fomos, pola mañá, ós figos do bar de Freire...

O día 24 fomos ó Portiño e o 1 de outubro ó faro... e de novo ó Portiño para entrar dentro da ermida da Virxe da Estrela...
Desde o Portiño vese o faro da Frouxeira...
Cando fomos ó faro da Frouxeira, que está contado na Entrada do noso blogue da visita ó Porto de Ferrol, dende enriba vimos vistas moi bonitas que mostramos agora...
Hacia o cabo Prior e o pico da Vela
Hacia os arredores do faro...

E hacia o Val de Valdoviño, a lagoa da Frouxeira e cara Punta Chirlateira de Pantín...
O día 1 de outubro, pola mañá, fomos vendimar á parra de Chelo, a avoa de Mateo e fixemos zume... o día 2 fixemos zume na escola pero coa licuadora...

O 21 de outubro, pola mañá, visitamos a oficina de Correos de Valdoviño...
O 22 de outubro fomos ó muíño da cubeta de Meirás... e moímos con Adolfo. Vimos un morcego e escapou cos nosos boreos...
Sabela L.R.



Despois visitamos a eirexa de Lago, dedicada a Santiago por iso ten a vieira na pía da auga bendita... E subimos ó campanario... Mirade que pequena se ve a cooperativa de Lago, desde o alto...
Sabela L.R.
continuaremos...

No hay comentarios: