viernes, 11 de junio de 2010

O NOSA HORTA E XARDÍN


En setembro 2009 estaba así a nosa horta... deixáramos plantadas moitas cousas e...
Cando cortaron a herba... tamén nos cortaron cousas que plantáramos... menos mal que moitas cousas eran rastreiras e volveron a sair pero perdimos moitas importantes: herba luisa, romeu, salvia, ourego, tomeu, morangos, frambuesos, etc... Sempre nos pasa igual... Non teñen que cortarnos dentro da zona dos "bordillos" como non son plantas que recoñecen pensan que son herbas...
Deixáronnos o fiuncho, os xeranios, o maínzo, cabazas, fabas...
pementos

Recollimos o xirasol...
Recollimos as fabas...

Debaghamos... etc...
Pero volvimos a prantar fresas, ou morangos, noutra zona e con plástico para que non nolas cortaran de novo...

Xa fumos comendo moitas, según saen é para quen lle toque pero tamén invitamos... probaron: Rosy, Oscar, María, etc
Tamén plantamos para logo trasplantar... e no día da árbore plantamos unha árbore que saíu dunha caramuña que sementamos o curso pasado...
En maio saíronnos os careixóns...

Claro que tamén temos flores... anque perdimos moitas margaridas, gladiolos, etc.
A roseira...
Xeranios...

Aínda nos queda moito que contar, seguiremos o luns... E... Seguimos...
Ademais de varios tipos de xeranios temos dalias que nos trouxera Rubén... e algunhas roseiras que se salvaron...
Calas que nos trouxo Sara Arias...
Quedaron algunhas margaridas...
Saíron xa algunhas varas de San Xosé... e mouguets pero xa non se ven...
Quedaron algúns gladiolos...
Estas abren co sol...
E logo están as aromáticas... Aí temos un xeranio aromático...
A ruda...
O fiuncho
A melisa ou herba cidra...
O loureiro entre un xeranio...
2 tipos de menta... Moitas destas aromáticas son rastreiras e podemos darvos pés...
A lavanda...
Volvimos a sementar maínzo, fabas e cabazas e botámoslle moito abono natural, do burro da avoa de Laura...
Temos herba de namorar e sacou 2 flores que lle dimos a Quique porque nos despistamos de darlle no cabo Prioriño, cando lle dimos a todas as profesoras...
Estamos a ver se logramos esta marítima tamén...
Estamos deixando unha silva para enganchala e que suba pola verxa para ter amoras...
Puxemos plantas para que suban polas tuias...
Puxemos unha reixa para facer o abono...
seguiremos...

1 comentario:

escola carreira dijo...

a nosotros nos salieron ya las fresas
Iago y Yanai