jueves, 10 de junio de 2010

TEMOS MOITOS PROFES E COLABORADORES


A clase que máis nos gusta é a de Educación Física e temos que buscar máis fotos con Quique...
Alba Buscamos e non as atopamos claras por iso engadimos estas 4 feitas o día 14, que tampouco están moi ben pero... é que enriba saen escuras...



Aquí están tamén: Myriam, da escola de Vilarrube e que nos pasou 2 motos e 1 patinete cos que nos divertimos moito e moitos puzles, e Elisa, da escola de Vilaboa, coa que facemos correspondencia escolar... Ese día íamos a Ferrol, en decembro.
Sara

Con Estefanía fixemos 2 cousas moi especiais, é amiga miña e colaborou con nós ensinándonos tradiciós alemanas...
Paula
Esta vez é o Weckmönnchen (weckmenxen) é unha verba composta de weck (bolo) mönnchen (homiño).
Tamén estivo Rosy, cando chegou aínda non rematáramos e fíxonos fotos porque Sabela xa rematara as pilas.
Paula
Cando viñeron os sannicolases do forno estaba Oscar e María porque era venres...
Paula
María foi a nosa mestra de apoio todo o curso, pasou moito tempo con nós ...
Laura
Aquí está xogando cos de 3 anos ó puzle da Arca de Noé que nos presta Vituco...
Laura
Axudounos en moitas, moitas cousas...


Tamén no ordenador, con ela fixemos moitas veces as rutinas da nosa escola, adaptadas das de Mar Vaamonde, do CRA Ponte da Pedra, Carballo. E xogos...
Xeila Con ela ó lado todo se vai aprendendo millor...
Mateo
Rosy é a nosa profe de inglés e o pasamos moi ben con ela... e o inglés gústanos.
David
Os maiores levamos xa 3 anos con ela.

Como moitos cumpreanos se celebran en luns ou venres... soe estar tamén Rosy...
David

Como se vai, o día 18 de xuño dímoslle un agasallo que lle fixemos para que nos recorde.
Fixemos paus de chuvia con Yoli e algúns rematámolos xusto despois de que se foi onte...
Yoli danos música desde que se foi Gema e tamén o pasamos moi ben con ela...
Despois de Pascua fixemos esta foto con Yoli
Andrea Gema está esperando 2 bebés... e mandámoslle moitos bicos e recordos...
Tamén xogaba con nós e nos apoiaba un rato cada semá...

Oscar é noso profe de relixión, é moi bon... Xeila, Sara e Alba
Cando chega ás veces estamos no parque, porque nos toca despois do recreo...
En setembro nos apoiou tamén e ás veces facemos actividades conxuntamente...
Sabela L.R. Os da Carreira tamén nos pasaron material, hai tempo, e hoxe lles mandamos un correo-e agradecéndollo e con esta foto para que nos vexan usándoo... O 16 de xuño veu apoiarnos Eva, xogamos ó dominó, leeunos contos, etc...
Xeila empezou o tear. Que sorte!

No hay comentarios: