jueves, 17 de junio de 2010

OS DE 5 ANOS EN FERROL O 16-6-10


Despois de comer e xogar un rato fomos ver o museo da Natureza de Ferrol, vimos un calamar xigante e moitísimas outras cousas e contamos algunha...
As barbas das baleas polo interior son moi mestas... Polo exterior deixan pasar a auga...
Berta contounos que con elas facíanse vasoiras e varas de paraugas...
Esta bandexa está picoteada por unha gaivota porque pensou que era a cuncha interior do choco... e faille mal...
Esta tartaruga estaba tan ferida pola rede que a pillou que aínda que trataron de salvala, morreu... Apareceu en Campelo.
Feto de golfiño... a súa nai morreu e el tamén, claro... Son mamíferos.
Os tabeiróns sempre teñen dentes, se lles caen saénlles outros... Vimos un melgacho e resulta que é un tipo de tabeirón...
David
Tabeirón raro... os tabeiróns son peixes pero os golfiños e as baleas son mamíferos. David
Do teixo... e de moitas máis cousas que vimos contáronnos moitas cousas. David
Estivemos no parque infantil de Amboaxe, despois de saír do museo e o pasamos moi ben... despois merendamos e fomos no bus da cidade.
Laura

Estivemos no taller do pintor-artista José Polo Taibo, explicounos moitos cadros e deixounos tocar todo... para percibir ben as testuras... Gustounos moito e foi moi garimoso con nós... Tamén tiña cadros da praia da Frouxeira e víase o faro.
Sabela L.R. Este está feito con cáscaras de pistacho...
Ó final fomos ó parque do Inferniño e chegaron Dana e as nais...Sabela L.R.

No hay comentarios: